miércoles, 23 de febrero de 2011

Primavera cultural na biblioteca municipal

A Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” da Casa da Cultura de Fene organiza un ciclo de actividades para o vindeiro mes de marzo que coincide coa chegada da primavera. Os actos comezarán o xoves 3 de marzo co obradoiro “mascarada de conto” de Maria Lires. O venres 4 de marzo celebrarase o maratón de lectura mentres que o venres 11 de marzo a escritora Marina Mayoral disertará cunha conferencia titulada “Do abanico á web”. Ademáis destes actos, a Biblioteca Municipal tamén organizou un conta-contos a cargo de “Os contos de Pablísimo” titulado “Contos con ovos” para o martes 15 de marzo. Por último o mércores 30 de marzo repetiranse os conta-contos, nesta ocasión a cargo de Trinke-Trinke coa actividade titulada “O circo chega á biblioteca”.


Marcha de entroido das nenas/os da escola infantil de Perlío


As nenas e nenos da Escola Infantil da Torre en Perlío celebrarán o Entroido por todo o alto o venres 4 de marzo. Ese día as nenas e nenos acompañados polos seus pais, os monitores e mestres e tamén familiares disfrazaranse e realizarán un percorrido entre a praza de Ameneiral e o recinto da escola infantil na Torre. A marcha comezará ás 17.30 horas e contará coa colaboración da Concelleria de Cultura, Deportes, Xuventude e Ensino de Fene e tamén da Policia Local e Protección Civil. Deste xeito, os máis pequenos de Fene comezarán o Entroido acompañados dos seus mestres e familiares.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario