O secretario xeral de Transportes, José Luis Cachafeiro, visitou esta mañá as obras da base estratéxica de Salvamento Marítimo que se desenvolven no polígono industrial de Vilar do Colo en Fene. Esta actuación foi presentada polo ministro de Fomento José Blanco o pasado mes de abril. No acto estivo acompañado polo alcalde de Fene Iván Puentes.
O alcalde destacou que “a base é unha gran oportunidade para Fene. Contar con esta infraestructura de interese nacional suporá, ademáis de crear emprego e actividade económica no Concello, tamén significará un impulso definitivo para a dinamización e expansión do polígono industrial de Vilar do Colo e situar a Fene no mapa, como punto de referencia en todas as grandes operacións que se acometan no noso país en materia de salvamento marítimo e na loita contra a contaminación do mar”, engadiu Iván Puentes.
Fomento investirá preto de oito millóns de euros para a posta en marcha desta infraestructura que, xunto á de Sevilla, será a de maior superficie, capacidade de almacenamento e xestión de equipos das seis bases que Salvamento Marítimo dispón para facer frente ás incidencias que se produzcan nas nosas costas.
Contará, ademáis coa última tecnoloxía e integrarase na rede de bases estratéxicas de Salvamento e Loita contra a Contaminación Mariña ubicadas en diferentes puntos estratéxicos da nosa xeografía.
A función principal desta base será o mantenemento, reparación e xestión do material de loita contra a contaminación, así como a infraestructura loxística e de provisión de persoal técnico e mergulladores para as emerxencias marítimas que o requiran.
Características da base:
A superficie da parcela é de 19.702 metros cadrados, sobre os cales a superficie construida ocupará 6.248 metros cadrados e estará distribuida en catro zonas:
- Nave pechada: albergará no seu interior o área de recepción de materiais contaminados, o área de limpeza, unha zona de repación de barreiras anticontaminación, o taller e o almacén.
- Nave aberta: con espazo para piscina de recepción do material contaminado e o seu posterior limpeza.
- Edificio auxiliar o de oficinas.
- Área de crise: zona que permite a ampliación inmediata das zonas de traballo e aloxamento para técnicos en caso de gran nivel de traballo ocasionado por unha emerxencia de gran envergadura.
.
Para non traballar na sua vida, quedalle moi ben o casco e o chaleco, ahora que lle den un pico e unha pala e a traballar home que xa esta ben de sacar fotos.
ResponderEliminarSi que traballa pero para o seu partido non para os veciños de Fene. O malo vai ser se perde o 22 de maio xa que non hai oficio nin beneficio. Donde o vai a recolocar un PSOE hundido?
ResponderEliminar