O alcalde interesouse polo futuro de Astano no sector eólico
Luis Cacho visitou o Concello de Fene en compañia do director da factoria de Fene-Ferrol Esteban García e do deputado Xavier Carro
O dirixente de Navantia expresou ao alcalde o interese de explorar o mercado do eólico mariño como unha opción de futuro
Luis Cacho visitou o Concello de Fene en compañia do director da factoria de Fene-Ferrol Esteban García e do deputado Xavier Carro
O dirixente de Navantia expresou ao alcalde o interese de explorar o mercado do eólico mariño como unha opción de futuro
O novo Conselleiro-delegado de Navantia Luis Cacho visitou esta mañá a Casa do Concello de Fene e foi recibido polo alcalde Iván Puentes no despacho de alcaldía. Cacho sustitue a Aurelio Martínez na máxima representación da compañia pública naval-militar española. Esta foi a primeira toma de contacto do máximo responsable de Navantia co rexedor dun dos concellos onde se atopa unha das factorias máis importantes da compañia.
O alcalde Iván Puentes trasladou ao conselleiro-delegado as demandas que plantexa o Comité de Empresa e que foron apoiadas polo pleno do Concello de Fene.
Luis Cacho transmitiu unha mensaxe de continuismo na xestión de Aurelio Martínez e que continuan traballando no eido comercial para incrementar a carteira de pedidos do estaleiro público español.
O alcalde de Fene preguntoulle sobre as prespectivas de negocio da compañía e particularmente da factoria de Fene máis aló do ano 2014. Cacho afirmoulle que ademáis de traballar na búsqueda de pedidos na construcción naval-militar tamén se explorar novas liñas de negocio no sector do eólico mariño para a factoria de Fene. Puentes apoiou esta idea e tamén os plans de diversificación para a factoria de Perlío. “Parécenos unha opción interesante” recalcou o alcalde.
Puentes expresou ao máximo dirixente de Navantia a súa confianza na súa xestión e que poida conquerir os froitos marcados porque iso significará a creación de riqueza e de emprego para Fene, engadiu o alcalde.
.
Outra mentira mais, notase que veñen as eleccions municipales,despois da fabrica de vidro, Imenosa, Offshore,volta a facer barcos, etc, etc agora van facer eolicos e pa votarse a rir si non fora polo serio do tema, contadello a xuventude deste concello.
ResponderEliminarEs una verguenza y una tomadura de pelo al pueblo de Fene. Los verdugos se convierten ahora en salvadores de nuestra industria naval. Señores del PSOE recuerdos: pesca, ganadería, agricultura, sector naval, carbón, cajas de ahorro. Que mas nos pueden sacar? La cabeza? La tenemos muy alta y el próximo día 22 alguna se va a cortar. Lo último: robar a los parados de Andalucía (la historia se repite antes fueron los huerfanos de la Guardia Civil). Como se llama eso?
ResponderEliminar