O Goberno de Fene xa iniciou as obras de asfaltado e cometida de augas nos camiños de O Valado e de Río Saa na parroquia de Sillobre. A obra ten unha financiación de arredor dos 200.000 euros e englóbase dentro do plan E de investimento local do Goberno de España.
As obras foron comprometidas dentro dos presupostos participativos que se desenvolveron en Fene no ano 2009 pero que non se poideron executar por mor a non chegarse a un acordo para aprobar os presupostos municipais dese ano. Durante o ano 2010 o Goberno fenés buscou financiamento para estas actuacións que finalmente se están a executar. Tamén está previsto o asfaltado do Camiño de Arriba de San Marcos na parroquia de Sillobre. Esta obra executarase proximamente.
Con estas actuacións cúmprense parte das demandas notificadas polas veciñas e os veciños nos presupostos participativos levados a cabo en Sillobre no ano 2009. A falta dunha maioria na Corporación Municipal obrigou a prorrogar o presuposto do 2008 polo que estas obras tiveron que esperar ata o ano pasado.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario