jueves, 24 de febrero de 2011

O Concello súmase ás novas tecnoloxias coa implatación de Wifi en varias prazas e p

Fene disporá de wifi en distintos puntos do seu termo municipal grazas á implantación dunha rede de distribución de WIMAX en todo o municipio

A actuación englóbase dentro do plan E de investimento local do Goberno de España e ten un orzamento de 130.000 euros


O Concello de Fene súmase ao progreso e as novas tecnoloxías. O Concello pon a disposición da cidadania un servizo, que se presume esencial co paso do tempo e que significa unha vangarda tecnoloxica na comarca. Instalarase nos próximos días unha rede de wifi en varias partes do centro urbán de Fene e tamén en todas as parroquias do termo municipal. Deste xeito, instalarase wifi na praza do Concello, no parque Castelao na parroquia de Fene. En Perlío haberá este servizo na Praza Verde mentres que en San Valentín o concello instalará esta cobertura na praza da Cooperación. Tamén está previsto a súa instalación nos arredores da Asociación de Veciños de Magalofes, no atrio da igrexa de Sillobre, nos arredores dos locais do CPS-Liga de Amigos de Barallobre, no Pote de Maniños e nos arredores da pista polideportiva de Limodre.

En cada un destes oito emprazamentos instalarase un equipo de acceso Wi-FI 802.11b/g de exteriores preparado para operar en condicións climatolóxicas extremas e con características de alta disponibilidade, dispoñendo ademáis do seu correspondente certificado CE. Empregaranse equipos de cliente CPE WIMAX de exteriores para proporcionar conectividade entre os puntos de acceso Wifi e a infraestructura de transporte. Deste xeito, a infraestructura WIMAX actuará como soporte de distribución para o sistema de acceso Wifi.

O alcalde de Fene Iván Puentes afirma que con esta obra, Fene entra de cheo, tecnoloxicamente falando, na sociedade da información e no século XXI. O rexedor fenés amósase moi contento desta obra polo que supón de incremento na calidade de vida dos veciños de Fene e das empresas de Fene.

As telecomunicacións ademáis de ser un elmento vertebrador do territorio, son unha poderosa ferramenta do desenvolvemento económico e de alcance dun maior benestar social. Os concellos atópanse coa responsabilidade de trasladar aos seus habitantes, os beneficios e as ventaxas que otorga a Sociedade da Información, tanto a nível de cidadán como a nível empresarial. Así pois, estas tecnoloxías permiten a través de redes IP de banda ancha a transmisión integrada de información.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario