jueves, 24 de febrero de 2011

O Concello de Fene programa CINENSINO coa proxección da película “Los niños de Timpelbach”



O Concello de Fene a través do seu Departamento de Servizos Sociais programa a película “Los niños de Timpelbach”, un film estreado en España en 2010. A proxección terá lugar mañán venres día 25 de febreiro na Casa da Cultura de Fene. O primeiro pase comezará ás 9.45 horas e o segundo ás 11.30 horas. Participarán 203 rapaces de quinto e sexto de primaria dos centros de ensino de Fene. A película ten como argumento que os adultos de Timpelbach deciden abandonar a cidade cansos das trasnadas dos indisciplinados nenos que non aceptan ningunha autoridade. Os país abandonan o concello para darles unha lección aos fillos. Unha cidade sen país. Unha vez sos, sen adultos, os rapaces forman duas bandas que intentarán facerse co control da aldea, pero decántanse de que non todo é tan sinxelo como crían, e que é máis dura a vida do que pensaban. Participarán nenos dos colexios de Os Casais, O Ramo, Centieiras, A Xunqueira e Jorge Juan.

A Prevención das Drogodependencias e a Promoción da Saúde nos nosos rapaces/as son aspectos que esixen un constante compromiso e responsabilidade por parte de todos. Neste sentido a intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezan patróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. Por todo isto, o Concello de Fene dende Servizos Sociais e a través do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias e promoción das saúde, conveniado coa consellería de Sanidade e FEGAM, oferta aos centros escolares a posibilidade de participar no programa CINENSINO”.

Dito programa englóbase dentro do contexto da Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para isto debe ser asumido polo propio centro escolar ó que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado.
A ferramenta pedagóxica coa que se traballará será o cinema; mediante a proxección dunha película se irá profundando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.

O programa vai dirixido á poboación escolar de 5º e 6º de primaria e ao profesorado que imparten clases nestes niveis como axentes executores do mesmo.
En liñas xerais consta de:

Visionado de tres películas (unha por trimestre), que se proxectarán na casa da Cultura.

Entrega das Unidades Didácticas, unha diferente por cada película e dirixidas unhas ao alumnado (Caderno do Alumnado) e outras ao profesorado (Manual do Profesorado), para traballar na aula. Cada Unidade Didáctica desenvolve unha serie de explicacións que, dirixidas polo profesorado, permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e consta dunha serie de exercicios e actividades que facilitan a reflexión e participación do alumnado.

Con este programa traballanse diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.


Los niños de Timpelbach
  • Autorizada para: Todos los públicos
  • Estreno: 18-03-2010
  • Año: 2008
  • Género: Peliculas de Aventuras
  • Actor / Actriz: Leo Legrand, Raphaël Katz, Adèle Exarchopoulos, Baptiste Bétoulaud
  • Guionista: Nicolas Bary, Nicolas Peufaillit, Fabrice Roger-Lacan
  • Director: Nicolas Bary
  • Cinemat/Montador: Raül Busquets, Véronique Lange
  • Fotografía: Axel Cosnefroy
  • Producción: Dimitri Rassam
  • Distribuida por: Flins & Finiculas

Sinopsis de Los niños de Timpelbach

En el pueblo de Timpelbach, los niños no hacen más que travesuras y se resisten a cualquier clase de autoridad. Al borde de un ataque de nervios, los padres deciden marcharse del pueblo... pensando que va a ser solamente durante un día.

¡Un pueblo sin padres! No es mala noticia para todo el mundo. Dos bandas de niños solos se enfrentan entonces por el control del lugar..

Trailer de “Los niños de Timpelbach”



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario