miércoles, 9 de febrero de 2011

O BNG reclama un plan de mantemento de fontes e lavadoiros públicos






O Bloque Nacionalista Galego de Fene reclama a realización dun plan de mantemento e limpeza das fontes e lavadoiros do término municipal. Os nacionalistas sosteñen que numerosos cidadáns utilizan as fontes para recoller auga dos mananciais que abundan no Concello. A maior parte dos lavadoiros permanecen na actualidade moi suxos e abandonados, o que fai practicamente imposible a súa utilización.

O Concello de Fene rexistra oitenta lavadoiros e fontes públicas repartidas polas oito parroquias do municipio. Entre decembro do 2007 e xaneiro do 2008 realizouse un plan de mantemento e limpeza destas instalacións, impulsado naquel entón pola Concellaría de Servizos que dirixía Inés Roca (BNG). Os lavadoiros feneses caeron en desuso dende hai unhas décadas, de xeito simultáneo á xeneralización das lavadoras domésticas. Aínda así, algunhas instalacións son empregadas por veciños que acoden aos antigos lavadoiros para lavar pezas de gran tamaño ou que requiren un coidado especial. Ademais, gozan dun valor simbólico para moitos veciños e veciñas polo papel que xogaron no século XX, pois os ríos de Fene foron durante anos as “tintorerías” dos señores de Ferrol. As "lavandeiras" de Sillobre acudían ao centro da cidade de Ferrol a pola roupa que levaban para a súa parroquia na lancha. Alí lavábase e poñíase ao clareo nos prados da zona, para posteriormente secalas e levalas á cidade departamental dobradas e sen enrugas.

A parroquia máis regada por estas construcións é Barallobre, con once lavadoiros e nove fontes, seguida de Maniños (nove lavadoiros e cinco fontes) e Sillobre (dez e cinco). San Valentín conta cun só lavadoiro.
.

2 comentarios:

  1. quixera saber onde esta o lavadoiro de San Valentin por que eu vivo no barrio e non sei de ningun lavadoiro

    ResponderEliminar
  2. Na nota hai un erro. Efectivamente estes son os lavadoiros e fontes por parróquias:


    Fene: 3 lavadeiros e 3 fontes.
    Perlío: 5 lavadeiros e 5 fontes.
    Maniños: 9 lavadeiros e 5 fontes.
    Barallobre: 11 lavadeiros e 9 fontes.
    Magalofes: 5 lavadeiros e 5 fontes.
    Limodre: 2 lavadeiros e 3 fontes.
    Sillobre: 10 lavadeiros e 4 fontes.
    San Valentin: 1 fonte.

    ResponderEliminar