martes, 1 de febrero de 2011

O BNG de Fene inicia unha rolda de contactos coa veciñanza para completar o seu programa electoral

Logo da aprobación, por parte da Asemblea local, das bases para a
elaboración do programa electoral o pasado venres, os nacionalistas
comezan agora unha serie de visitas polas asociacións parroquiais e
organizacións veciñais de todo tipo (culturais, deportivas,
empresariais, etc). A delegación do BNG de Fene está encabezada polo
candidato á alcaldía Juventino Trigo. Acompañarano outros membros da
candidatura nacionalista, o portavoz municipal, Manuel Polo, e a
responsábel local Ana Santiago.

A intención do BNG é dar a coñecer as liñas programáticas da
organización para as eleccións municipais, pero sobre todo, recoller
as inquedanzas das propias sociedades. Este proceso culminará a finais
do mes de febreiro cunha previsión de 20 encontros con sociedades de
todo tipo. Este martes , 1 de febreiro a delegación nacionalista
visitará a AVV de Perlío e o CPS de San Valentín.

Algunhas das nosas propostas programáticas, aprobadas pola asemblea,
pasan polas seguintes medidas:

- Retomar o impulso na formación para o emprego, posto que a
actividade dos obradoiros, intensa co anterior goberno do BNG, está
parada desde que o PSOE asumiu o poder.
- Racionalización do gasto público e cambio nos criterios de
investimento baixo o eixo da sustentabilidade.
- Garantir a concorrencia e a igualdade de oportunidades no
acceso ás contratacións, de persoal e de servizos.
- Utilización do solo empresarial dispoñíbel.
- Actuacións de promoción dos sectores produtivos (comercio,
hostalería, servizos, marisqueo)
O Concello debe retomar a reivindicación da posta en produción
da antiga Astano. A súa superficie industrial á beira do mar fai que
sexa un recurso de primeira magnitude para a revitalización da
economía da localidade.

Suscitaremos o debate sobre o modelo urbano que queremos para Fene,
que nós pensamos que debe pivotar sobre os seguintes elementos:
- O mar e á ría.
- A creatividade e a innovación na cultura e nas novas tecnoloxías.
- O respeito polo medio ambiente e a ecoloxía condicionará
calquera tipo de desenvolvemento.
- Fene é o concello dos ríos. Débense potenciar como fonte de
vida, de recursos e de lecer.
Queremos mobilizar ilusións e recursos para transformar a
realidade actual.

A elaboración do programa coas persoas como protagonistas
O BNG elaborará o programa definitivo unha vez finalizada a rolda de
reunións coa veciñanza. Esa é a nosa forma de facer política.

Despois das eleccións, o BNG pretende levar adiante unha terceira fase
deste proceso, propoñendo o acordo FENE 2020 (o deseño dun Concello de
futuro) ao conxunto dos grupos políticos, movemento asociativo, novas
entidades, agrupacións empresariais, sindicatos, etcétera

.

3 comentarios:

  1. todos prometen asta que se sientan en el sillon y despues se olvidan de las promesas electorales,asi le paso a ivan

    ResponderEliminar
  2. XAQUIN CUPEIRO RODRIGUEZ1 de febrero de 2011, 16:16

    PIENSO QUE EL BLOQUE DEBIA PROMOVER UNA OFICINA DE INMIGRACION, EL LA COMARCA EUME-ORTEGAL NO HAY NINGUNA, HABIA UNA EN FERROL. PERO LA XUNTA RETIRO EL DINERO, HUBO Q1UE CERRARLA EL 31 DE DEICIEMBRE DE 2.010. HAY MUCHOS INMIGRANTES EN FENE.

    ResponderEliminar
  3. INTENTAR QUE LOS COLEGIOS PUBLICOS DEL AYUNTAMIENTO TENGAN MEJORES INFRAESTRUCTURAS, COMO EN EL CASO DE CENTIEIRAS QUE NO TIENEN UN PABELLON PARA PODER REALIZAR LAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS... YO CREO QUE MAS QUE PROMETER NUEVAS ACTUACIONES EN EL AYUNTAMIENTO DEBERIAN DE CONSERVARSE LO YA EXISTENTE.

    ResponderEliminar