lunes, 17 de enero de 2011

O BNG de Fene pide que se amplíe nun mes o período de suxestións á revisión do PXOM

O BNG de Fene considera unha actitude irresponsable por parte do goberno local a de restarlle importancia ao documento inicial da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), xa que nel se marcan as liñas de actuación que, ao noso parecer, deben de ser de todos.

O BNG empraza ao alcalde, Iván Puentes, a solicitarlle á Xunta de Galiza que amplíe un mes máis o período de suxestións ao PXOM. Para os nacionalistas non é de recibo que se iniciase este período o 20 de decembro, pasando os 30 días por un calendario con moitos deles inhábiles.

Proba do interese en ocultar a tramitación da revisión do PXOM é que se lle explican as liñas xerais aos grupos políticos cando xa estaba iniciado o prazo de suxestións, e aínda peor, se lle explica ao movemento veciñal os días 14 e 17 de xaneiro cando o prazo remata o mércores 19 de xaneiro. En palabras do própio equipo redactor, o documento inicial parte da análise do PXOM en vigor e das directrices do PSOE.

Ninguén foi escoitado para opinar sobre as ideas do Fene que queremos para o futuro.
O portavoz nacionalista no concello de Fene, Manuel Polo, afirma “que se Puentes quere consenso ten que empezar a falar coa xente e nós dámoslle a oportunidade de que solicite a ampliación do prazo e que se recollan todas as suxestións ao PXOM froito dun debate aberto”.

Aínda estamos a tempo de consensuar o PXOM e facer un proceso participativo aberto a todo o mundo.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario