Ás 11.45 horas os país e alumnos que utilizan “Vieiro” para o seu transporte escolar ao IES de Barallobre en Fene desprazaranse ás dependencias da Xunta de Galicia na Praza de España de Ferrol. Os afectados, un a un, entregarán por rexistro un escrito dirixido ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e outro escrito dirixido ao Conselleiro de Educación. Neste documento denunciarán a situación na que están e solicitarán o funcionamento de “Vieiro” como medio de transporte contratado pola ANPA do IES de Barallobre.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario