Axilízase a senda marítima de Fene
O proxecto sacarase a exposición pública nos vindeiros meses e iniciaranse os trámites para a licitación do mesmo
Construíranse aproximadamente 3 quilómetros de percorrido entre San Valentín e a parroquia de Maniños
O alcalde de Fene Iván Puentes acompañado polo deputado socialista Xavier Carro entrevistáronse esta mañá en Madrid co director xeral de costa do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño que dirixe Rosa Aguilar. Pedro Antonio Rios comunicou ao rexedor fenés o interese do Ministerio no proxecto e a súa condición de actuación prioritaria. A senda marítima comunicará o actual paseo marítimo de San Valentín coa ribeira de Maniños no seu límite territorial co Concello de Mugardos. Falamos de 3 quilómetros de percorrido. O proxecto da senda marítima de Fene iniciouse na época de Elena Espinosa como titular do departamento de Medio Ambiente. O proxecto xa redactado ten duas fases. A primeira transcurre entre o paseo marítimo de San Valentín e o peirao de Barallobre. A segunda fase engloba dende o peirao de Barallobre-Maniños ata o límite co veciño Concello de Mugardos por toda a ribeira de Maniños. A obra ten un prezo aproximado de 3 millóns de euros. Os responsabeis do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño informaron ao alcalde que nos próximos meses se iniciará o trámite previsto de sacar o proxecto a exposición pública. Posteriormente iniciarase o procedemento de licitación das duas fases da actuación.
Iván Puentes saiu contento desta xuntanza co director xeral de costa Pedro Antonio Rios. O rexedor fenés afirmou que o novo equipo ministerial de Rosa Aguilar colleu o proxecto de Fene con moito interese e catalogáronno como prioritario. Esta é unha das actuacións máis ambiciosas do mandato, destaca Iván Puentes.
O alcalde recalca a necesidade de abrir o Concello de Fene ao mar, e incrementar a visibilidade sobre a ría. Ademáis, con esta senda marítima búscase incrementar notablemente a calidade de vida das veciñas e dos veciños de Fene así como dos visitantes do termo municipal. Puentes tamén destacou como prioritaria a actuación global de recuperar a ría ao entorno municipal dos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Mugardos. Para elo con esta senda marítima búscase conectarse coa senda procedente do Puntal-Neda e no seu día conectar tamén cunha senda realizada en Mugardos e que xunte ao Seixo coa ribeira de Maniños.
.
Puentes como sempre: sendas, parques, medianas, flores, paseo maritimo. E AS OBRAS DA DIPUTACION QUE? NIN UNHA EN 4 ANOS.
ResponderEliminar