miércoles, 1 de diciembre de 2010

O goberno de Puentes obrigado a dar explicacións no Pleno ordinario de decembro a petición do BNG

O Pleno ordinario do mes de decembro, que se celebra mañá xoves 2 de decembro ás 18:00 na casa do Concello de Fene, ten como puntos máis destacados da orde do día a comaparecencia do Presidente da área de desenvolvemento territorial, José Antonio Lopez, e da concelleira responsábel da Radio Municipal, Carmen Silvar.

O BNG fixo a solicitude de comparecencia no mes de outubro, e só a negativa de Puentes de incluilo na orde do día adiouno ate este mes de decembro. Finalmente compareceran para dar explicacións no Pleno, o edil responsábel da área de obras, servizos, urbanismo e medio ambiente, será interrogado polas causas que o levan a ter sen executar nin unha soa obra desde o ano 2007 das incluidas nos diferentes Plans Provinciais. Suman dous millóns de euros estas obras sen executar, ademais dos grandes retrasos na execución das obras do Plan E 2010. No resto das áreas será preguntado polo atraso na concesións de licenzas urbanísticas e polas deficiencias no mantemento dos servizos públicos, nomeadamnete rúas, beirarrúas, camiños, zonas verdes e mobiliario urbano.

Por outra banda a Concelleira responsábel da radio terá que dar conta da supresión de dous programas de radio e a reubicación dos redactores locutores que os editaban.

Outro aspecto significativo da orde do día, e que dá a razón ao BNG, é a aprobación de actas dos Plenos de xullo e agosto. Aspecto denunciado polo BNG e que obrigou a tomar unha posición de forza cco abandono da Comisión informativa de Facenda.

Moción de apoio ao ferrocarril, o BNG tamén persentará por segunda vez a moción relaita á mellora do ferrocarril Ferrol-Coruña. O portavoz do BNG, Manuel Polo afirma ” que agardamos que todos os grupos a apoien, xa que a retiramos do Pleno anterior para ser pactada na comisión informativa”

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario