A Concelleira de Educación Carmen Silvar convocará nos vindeiros días un Consello Escolar Municipal de carácter extraordinario para tratar o tema do informe provisional que presentou a Xunta de Galicia onde se valora a posibilidade da reducción de centros escolares en Fene, concretamente, a consellería manexa neste informe datos sobre o hipotético peche dos centros de ensino de “Os Casais” en Maniños, Escola unitaria de Limodre e a Escola unitaria de Sillobre. O Goberno Municipal, que se opón a calquer peche, quere coñecer a opinión da poboación escolar representada no Consello Escolar Municipal, órgano onde están representados os centros de ensino de Fene, As ANPAS, o movemento asociativo fenés e os grupos políticos con representación na Corporación Municipal de Fene.
Os técnicos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia manterán nas vindeiras horas unha reunión en Fene para dar a coñecer este informe elaborado pola Consellería chamado “informe provisional de vacantes para os concursos de traslados do 2011 e a reducción dos centros de ensino público en Fene”.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario