martes, 14 de diciembre de 2010

Adxudicada esta mañá a obra do muro das Chancas de Perlío

A empresa “Geocisa” S.A. encárgase da actuación, que ascende a 245.000 euros e terá un prazo de execución de 90 días.

A actuación é a primeira das obras incluídas nos plans provinciais, desbloqueadas tralas xestións entre o Alcalde e o Presidente Provincial.

A mesa de contratación adxudicou esta mañá a obra do muro das Chancas de Perlío á empresa “Geocisa” ,S.A, por un importe de 245.000 euros. A actuación terá un prazo de execución de 90 días e comezará próximamente. A obra pretende asegurar un elevado talude que soporta unha via municipal, tralo derrumbe que afectou á zona hai xa uns anos.

A actuación retrasouse debido á necesidade de elaborar un novo proxecto, cun novo estudo xeotécnico e cun novo proceso administrativo, que foi elevando o seu custe ata chegar á cifra actual, que significa investir o 100% do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) do ano 2007, financiado pola Deputación Provincial, nesta obra.

O muro de contención das Chancas de Perlío, serve para separar o desnivel existente entre este lugar da zona de Perlío, máis elevado, con respecto da Xunqueira de Perlío e a zona do Penedo de Barallobre. Deste xeito, a zona das Chancas queda consolidada con respecto ao paso da Estrada da Palma na zona da Xunqueira e camiño do Penedo na parroquia de Barallobre.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario