O novo vehículo é un todoterreo cun equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental.
Con este coche incrementamos a calidade do servizo para as veciñas e os veciños e poñemos a disposición de Protección Civil mellor material para realizar un grandísimo servizo que prestan á sociedade, afirmou o alcalde.
A tenente de alcalde Carmén Silvar desprazouse esta mañá a Santiago de Compostela para recepcionar un novo coche para o Servizo de Protección Civil do Concello de Fene. A concelleira estivo acompañada polo responsable da policía local Juan Sanmartín e a responsable de Protección Civil de Fene Sandra Martínez. O novo coche é un Nissan QashQai 2.ODCI 4x4 5 portas todo terreo. O Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia Alfonso Rueda entregou na praza do Obradoiro de Santiago os vehículos a varios concellos nun acto onde tamén asistiron representantes municipais doutros concellos galegos. O alcalde de Fene Iván Puentes comentou que con este vehículo se incrementan, notablemente, os recursos postos a disposición de Protección Civil e da seguridade en Fene. “Con este coche axudamos a incrementar a calidade do servizo ás veciñas e os veciños”, declarou o alcalde. Puentes aproveitou a oportunidade para felicitar a todos os membros de Protección Civil pola súa xenerosidade e o seu compromiso coa sociedade. O alcalde manifestou os seus mellores desexos neste vindeiro 2011 para todas as persoas que traballan en Protección Civil en Fene.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario