martes, 9 de noviembre de 2010

O Pleno do Concello de Fene aprobou por unanimidade o POS 2011 con obras en Maniños, Limodre e San Valentín

O Pleno da Corporación Municipal de Fene aprobou a semana pasada en sesión ordinaria o POS 2011. O plan engloba abastecementos e saneamentos en Fene, concretamente, o abastecemento na rúa Unión, o camiño do Terreiro e o Camiño Ponte da Pedra na parroquia de Maniños. O saneamento na rúa Igrexario en Limodre, o saneamento na estrada de Laraxe, tamén en Limodre e o saneamento e impulsión na Garita en Maniños. O orzamento da obra é de 269.214,89 euros. Ademáis o pleno tamén aprobou un POS complementario consistente na pavimentación entre os bloques X e XII na avenida do Mar en San Valentín. O orzamento para esta obra é de 44.113,70 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario