Logo de recibir numerosas queixas de veciños de San Valentín e Perlío, o grupo municipal do BNG preguntou por escrito ao alclade de Fene, Ivan Puentes, polo impacto das obras que se está a acometer a Xunta de Galicia para a dotación da depuradora na marxe sur da ría que van de San Valentin ao concello de Ares. Segundo varios veciños arricaronse árbores da zona verde da contorna da zona do depósito que se está a construir neste barrio. Os nacionalistas queremos saber se o alclade coñece o alcance das obras e si se tomou algún tipo de medida.
Por outra banda outro grupo de veciños de Perlío manifestaron a súa disconformidade co xeito co que está a ser executado o aparcadoiro fronte a Escola infantil da Torre. Neste sentido BNG preguntou no Pleno se a execución se adaptaba ao proxecto aprobado dentro das obras do FEISSL 2010, a falta de contestación provocou que hoxe os nacionalistas rexistraran unha solicitude de informe ao técnico municipal conforme as obras se axuntan ao proxecto ademais dunha copia do acordo cesión de terreo realizado por Navantia.
.
Ojo con las contradicciones,pues un procedimiento administrativo, es amplio y complejo, y ello puede ocasionar que alguien que se abstenga en una votación plenaria, luego, como miembro de la Mesa de Contratación, se la cuelen doblada y entre a respaldar lo absurdo de un disparate.
ResponderEliminarMás que nunca, es evidente que la función política demanda un conocimiento exhaustivo para no incurrir en confusiones involuntarias