O alcalde de Fene Iván Puentes acusa ao grupo municipal do PP de Fene de utilizar a mentira sistemáticamente para facer política. O rexedor engade que os nervos electorais fan que, últimamente, non digan a verdade como ocurre nas últimas notas de prensa. “É mentira que o alcalde dixera que se esquenceu de incluir nada na orde do día do pleno ordinario de novembro. Nun mes normal cando hai asuntos que se resolven logo da celebración das comisión ordinarias (terceira e cuarta semana do mes), se convocan comisións extraordinarias os luns para tratar os temas que se poden incluir nos plenos de carácter ordinario e a continuación se convoca o pleno, respetando o periodo de 48 horas hábiles entre a convocatoria do pleno e a celebración do mesmo, como exise a lei. Nesta ocasión, ao ser luns día festivo, a convocatoria do pleno asinouse o venres e os asuntos urxentes, que irían ás comisión extraordinarias dos luns, tiveron que levarse a comisión o martes, polo que non poideron incluirse na orde do día asinado o venres”. O alcalde lamenta que dende unha nota de prensa teña que explicar o funcionamento da administración para por os puntos sobre as ies. “En todo caso, o martes todos os grupos participaron nas comisións e polo tanto, todos, incluido o PP coñecian os asuntos en cuestión (plan de transporte, ordenanza de tráfico, liquidación de máis de 43.000 euros en facturas a proveedores, etc). É dicir, todos os grupos tiveron a documentación a súa disposición dende o xoves da semana pasada para levar a comisión do martes desta semana e posteriormente para o xoves, día do pleno, incluíndose esta documentación no expediente do propio pleno que consultaron os grupos municipais.
Por iso, mentres que onte, día do pleno, uns concelleiros do PP tiñan a documentación do plan de transporte metropolitano posta a súa disposición dende o martes outros concelleiros do mesmo grupo se dedicaron a enviar notas de prensa mintindo aos cidadáns de Fene e acusando ao alcalde de faltar a súa palabra e non levar o plan ao Pleno Municipal. Iso amosa a división e a descoordenación que hai no seno do grupo do PP” engade o alcalde.
Puentes recalca que sobre a comparecencia de dous concelleiros do Goberno no pleno, o PSOE propuso incluir esta comparecencia na fase de control aos órganos de gobernó e foi o propio PP xunto co BNG os que , no propio pleno, pediron que as duas comparecencias se pospusiesen ata o pleno ordinario de decembro, xustificando que queren que as duas comparecencias estean inscritas na orde do día. Polo tanto, “o Goberno propuso, tal e como se acordou no pleno de outubro, que fose onte cando tiveran lugar esas intervencións”, declara o alcalde.
Puentes afirma que o verdadeiro problema do PP é “que lles molesta que se vean tan claramente as súas mentiras e sobre todo lles molesta que o goberno traballe e leve ao pleno asuntos tan importantes como os de onte. Unha vez máis ponse de manifestó que o verdadeiro obxectivo do PP de Fene non é o benestar das veciñas e dos veciños, senon mentir, confundir e intentar que as cousas vaian canto peor mellor. Levan catro anos instalados na práctica da mentira, a confusión e o NON” engade o rexedor.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario