viernes, 5 de noviembre de 2010

O BNG AFIRMA QUE O ALCALDE DE FENE SUSPENDE EN TRANSPARENCIA

No Pleno ordinario do concello de Fene
celebrado onte xoves ás 18:00 o alcalde socialista, Ivan Puentes,
consumou unha serie de accións impropias dunha democracia. A
convocatoria do Pleno foi a destempo tal e como indicou o Secretario
municipal e por outra banda a orde do día non contiña máis que un
único punto, a adhesión do concello de Cedeira á Mancomunidade de
municipios de Ferrolterra, e ocultou dun plumazo as dúas peticións de
comparecencia feitas polo BNG no Pleno do mes anterior,
comaparecencias do Presidente da comisón de desenvolvemento
territorial e da concelleira responsábel da emisora municipal.

Iniciado Pleno pretendeu incluir estes asuntos, xunto con outros
dictaminados os días previos en comisións informativas extraordinarias
e que pola precipitación e falta de organización interna se acumularon
ate 9 puntos fora da orde do día. O BNG non aceptou a proposta e
esixiu dilixencia á hora de confeccionar a orde do día do Pleno. As
comparecencias dos edís socialistas quedaron a petición dos
nacinalistas para o Pleno ordinario de decembro. Desde o BNG tamén se
puxo de manifesto que era vergoñento e inaudito que non se leven a
aprobar as actas do Pleno desde marzo e que á oposición non se nos
entregan as actas da xunta de goberno local, polo que advertimos ao
alcalde que de non ser entregada a documentación os edís nacionalistas
valoraremos a nosa asistencia aos órganos colexiados do concello.
Por último esixímoslle ao alcalde que nos respostara a máis dun cento
de preguntas elaboradas por escrito e das que non deu conta de
algunha.

No debate do Pleno aprobouse a moción do BNG de adesión á Plataforma
contra o decreto do carbón cos votos nacionalistas e populares e a
abstención do PSOE e IU, por último tamén se aprobou unha moción
consensuada polo BNG, IU e PSOE contra privatización dos servizos no
centro educativo Souto de Leixa en Ferrol.

O Portavoz nacionalista no concello,Manuel Polo, afirma “que o
goberno de Puentes está esgotado, non traballa, non ten os deberes ao
día, non escoita aos veciños e lamentablemente sáltase as normas
mínimas que teñen que rexir un concello democrático e transparente”

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario