viernes, 19 de noviembre de 2010

O CONCELLO É DO POBO NON DE IVAN PUENTES

No día de hoxe dende as 12:30 da mañá o Concello de Fene sumouse ao peche convocado unilateralente polo alcalde socialista de As Pontes, Valentín Formoso. No caso de Fene o alcalde tamén socialista Puentes, decidiu por conta propia, e facendo un uso partidista da institución pechar o concello desde as 12:30 horas. O BNG non participou desta decisión arroutada e non entendemos que motivación ten máis alá de manter un doble discurso ante o Decreto do carbón que tan negativamente afecta ao concello pontés e a toda a comarca ferrolá.

O que máis caracteriza ao alcalde de Fene non é a de estar á fronte a alcaldía atendendo e esocitando aos veciños e veciñas, se non que calquera excusa lle vale para normalizar o seu absentismo no funcionamento normal da institución local. No día de hoxe, na mentras o concello permanecía pechado pola súa orde , el atopábase fora do ámbito territorial de Fene, andaba en Compostela coa maior naturalidade.

O Concello de Fene é do pobo, veciños e veciñas do noso concello e non dun alcalde ausente que usa a institución ao seu antollo e que por riba pouco aporta á loita contra o decreto do carbón con decisións exóticas como a de pechar o concello unilateralmente e sen aviso previo. Por riba toma unha decisión sen explicar o obxectivo do peche, nin manter unha presenza institucional para dar a cara ante a xente explicando o motivo do mesmo.

Para o Portavoz nacionalista, Manuel Polo," os veciños e Fene merecen un alcalde próximo, que os escoite e atenda diariamente e non un aspirante a tertuliano"

.

1 comentario:

  1. Ese alcalde e "rapido" de carallo, estiven no concello as 12:10 é él estaba ali. ¿Como pode ser que as 12:30 andivese por Compostela?

    ResponderEliminar