O BNG quere denunciar a o incumprimento reiterado do goberno de Puentes nos pagos. Como vimos denunciando os nacionalistas dende hai tempo este goberno gasta máis do que ten
orzamentado, adquire compromisos que non cumpre e a piques de pechar a contabilidade do presente ano é incapaz de facer fronte a máis de un millón de euros en facturas a diferentes provedores e tampouco é capaz de cumprir cos acordos laborais asinados no ano 2008 cos empregados municipais.
A xestión de Puentes ao fronte do consistorio fenés é francamente mellorábel, o feito de que no ano 2009 non fose quen de sacar uns orzamentos e que os do 2010 fosen aprobados no verán, afondou máis se cadra na deficiente xestión económica do concello.
Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, “Puentes leva máis de tres anos na alcaldía sen implicarse na xestión do concello e repetindo as medias verdades da súa campaña electoral, preocupandose máis de sair na foto que por mellorar os servizos aos veciños”.
Os nacionalistas queren lembrar que solicitaron un informe á Intervención municipal que proxectara a debeda municipal dos últimos 5 anos. Este informe desmonta o argumento do alcalde de que reduciu a débeda municipal. A mesma mantense entre o 30 eo 40 por cen, moi lonxe do 110% permitido legalmente.
Contención do gasto?, un exemplo clarísimo da xestión de Puentes é a súa proposta de cambio de operador de telefonía móbil en xullo do 2009 que lle ía aforrar ao concello o 50% da factura segundo el mesmo afirmou. Revisados os gastos telefónicos desde 2005 vemos que no ano 2009 gastáronse 72.000€ cando a media dos 4 anos anteriores andivo nos
60.000€ .
Iniciativa nacionalista, o BNG presentará, nos vindeiros días, aos grupos políticos do concello unha batería de medidas para conter realmente os gastos e promover unha xestión sustentábel do concello.
.
Perdón por si me equivoco, ¿pero el Bng no estuvo dos años en el gobierno?. Ya vale de hacer una cosa y en prensa anunciar otra.
ResponderEliminarEfectivamente, el BNG estuvo dos años en el gobierno y eso por si mismo fue un error, pero lo peor es que ahora casi llevan otros dos, que no sabe donde está
ResponderEliminarA estos no les vota ni la caridad..! Ni con nuevo candidato ni sin el