Mañán venres o alcalde de Fene Iván Puentes ofrecerá unha recepción aos 16 alumnas/os polacos que se atopan en Fene durante estes días en visita no Instituto de FP de Barallobre. A recepción terá lugar na Casa do Concello de Fene a partir das 10.30 horas. Momento adecuado para ter contacto coa prensa. A partir das 11.00 horas, os rapaces polacos realizarán unha visita á factoria de Fene da empresa Navantia. O Concello tamén planificou un xantar de confraternidade con estes rapaces europeos. Posteriormente , a partir das 16.30 horas celebrarase unha ruta polo río Belelle e polo lugar da Fervenza.
Programación
10.30h…Recepción no Concello.
11.00h..Visita a Navantia-Fene
14.00h..Xantar nun restaurante de Fene
16.30h..Ruta polo río Belelle na zona da Fervenza.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario