jueves, 28 de octubre de 2010

O BNG pide o apoio da corporación á Plataforma contra o decreto do carbón

O portavoz do BNG no cocnello de Fene, Manuel
Polo Gundín, ven de rexistrar unha moción relativa ao decreto do
Carbón. Os nacionalistas feneses piden que o Pleno do concello de Fene
se adira á Plataforma contra do Decreto do Carbón, asumindo os seus
obxectivos que non son outros que a solicitude de entrevista co
Ministro de Industria e a proposta de modificación do Decreto do
Carbón de tal xeito que o cupo asignado, politicamente, ao carbón
español (estímase un 9 % da producción eléctrica anual), deberá ser
repartido entre todas as tecnoloxías do sector eléctrico en
proporción directa a súa contribución. É dicir, non só incidirá no
carbón importado e tamén en menor medida, nos ciclos combinados de
gas, senón que tamén afectará ao resto de tecnoloxías: hidráulica,
nuclear, renovábeis, coxeración, etc.
Para o BNG é fundamental que o concello de Fene manifeste o seu apoio
ás accións convocadas pola Plataforma contra o decreto do carbón,
comprometéndose á maior difusión das mesmas a través de bandos,
anuncios, programas na radio municipal e outras que podan favorecer a
participación das veciñas e veciños que así o desexen. Non podemos
permanecer impasibles e espectantes mentres desmantelan politicamente
os nosos sectores productivos, experiencia que temos en Fene e que ven
sabemos o que deu de sí coa destrucción da producción naval.
A falla de competencias no noso estatuto de autonomía é a que fai que
o goberno galego non teña capacidade “legal” de actuar e por riba non
ten capacidade política para posicionarse claramente a favor dos
intereses dos traballadores e traballadoras de das comarcas coruñesas
afectadas.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario