O Concello de Fene a través da súa concellería de Medio Ambiente que dirixe Amalia García colocará composteiros para o lixo orgánico en distintos centros de ensino e asociacións do termo municipal. A instalación comezará o vindeiro luns, segundo adiantou a edil-delegada. Amalia García apunta que unha especialista de ADEGA informará nos vindeiros días sobre o uso deste recipente que se usará para o lixo de carácter orgánico. Entregarase un composteiro ao colexio O Ramo de Barallobre, o colexio A Xunqueira de San Valentín, o colexio Centieiras de Perlío, o IES de Barallobre, o colexio Os Casais de Maniños, e a asociación ASPANAES.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario