O Concello de Fene a través da súa Concellería de Deportes que dirixe Carmen Silvar instalará nas parroquias de Sillobre e Limodre dous parques biosaudabeis para o uso das veciñas e dos veciños adultos. Con esta instalación búscase o fomento das prácticas biosaudabeis entre a poboación adulta de Fene. A actuación ascende a 8.700 euros e realízase grazas a unha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En cada parque instalarase un exercitador de brazos e ombreiros que favorece a coordinación xeral de brazos e reforza a musculatura de membros superiores así como a flexibilidade e axilidade das articulacións do ombreiro. Esta máquina está especialmente indicada para rehabilitacións de mobilidade do ombreiro. Tamén se instalará unha espaldeira dobre ou volante. Esta especialmente axeitada para persoas en cadeira de rodas. Esta máquina potencia, desenvolve e mellora a musculatura dos ombreiros e mellora a flexibilidade xeral das articulacións de ombros, cóbados e clavículas. Tamén serve para potenciar as función cardiaca e pulmonar. Outro dos elementos que conforman este tipo de parque é o exercitador de tronco que favorece a musculatura do brazo, do peito e das costas ademáis de mellorar a flexibilidade e a axilidade dos ombros e dos cóbados e favorecer o sistema cardiopulmonar. Tamén se instalará un exercitador de triple cintura que favorece a curación de irregularidades e fátiga da cintura ademáis de fortalecer a musculatura addominal e lumbar e relaxar os músculos de cintura e costas. Ademáis se colocará un andador dobre e un banco con pedais.
A instalación dos parques de Sillobre e Limodre complementará a política de instalacións de máquinas para o fomento do deporte e da práctica biosaudabel para as persoas adultas. Despois da instalación de parques en Perlío, concretamente no parque Rosalía, en Maniños e Barallobre dentro do paseo marítimo Bieito Cupeiro, en San Valentín na praza da Cooperación e no parque Castelao de Fene agora se complementa este programa con estes dous novos parques en Sillobre e Limodre.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario