jueves, 16 de septiembre de 2010

Remata o prazo de inscrición para o obradoiro de “Educación física contra a fatiga oncolóxica”

O vindeiro 24 de setembro remata o prazo de inscrición para o obradoiro de “Educación física contra a fatiga oncolóxica”. As persoas interesadas en apuntarse deben facelo nas dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita), en horario de 9:30 horas a 13:30 horas.

O obradoiro de “Educación física contra a fatiga oncolóxica” é unha actividade coa que se pretende reducir, na medida do posible, a fatiga que acompaña ao cancro e aos seus tratamentos. Baséase nos contidos propios da Educación Física, así como tamén no exercizo cardiovascular, na mobilidade articular, nos estiramentos, relaxación, respiración, equilibrio, coordenación e xogos. Trátase dunha actividade de intensidade suave a moderada, que tenta axustarse en todos os casos ás características e posibilidades de cada persoa.

O Concello de Fene foi pioneiro na posta en marcha deste obradoiro deportivo que se celebrará, a partir do vindeiro 1 de outubro, no Pavillón “ A Xunqueira” de San Valentín. Dende a Concellería de Deportes estanse a organizar tres grupos (de 5 alumn@s) para os seguintes días e horas:
  • GRUPO A: LUNS e VENRES, de 11.15 horas a 12.15 horas
  • GRUPO B: LUNS e MÉRCORES, de 10.00 horas a 11.00 horas
  • GRUPO C: MARTES e XOVES, de 11.00 horas a 12.00 horas
O custe da actividade ascende a 15,40 euros/bimensual (a ingresar unha vez confirmada a praza).

Para máis información, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou consultar a normativa xeral de matriculación na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario