jueves, 16 de septiembre de 2010

En bici ao colexio…


A Concellería de Medio Ambiente propón un dia sen coche para levar os nenos ao colexio. Será o vindeiro mércores, “o día sen coche”

Preténdese concienciar á xente do moito que contamina o coche, dos perxuicios para a saúde que significa facer traxectos curtos en coche e tamén da seguridade de viaxantes e de peóns

A edil de Medio Ambiente agradece o interese dos colexios de Fene e da Policia Local e de Protección Civil na iniciativa.

O vindeiro mércores 22 de setembro o Concello de Fene súmase ao Día sen coche. Para elo, a Concelleria de Medio Ambiente que dirixe Amalia García organiza a iniciativa “En bici ao colexio”. Preténdese que os pais e familiares dos nenos e nenas do Concello de Fene leven aos seus fillos, netos ou pequenos ao colexio en bicicleta ou a pé e que, por un día, abandonen o coche na casa. A policia local de Fene e Protección Civil prestarán especial atención ao tráfico rodado, preto dos colexios, intensificando máis se cabe a vixiancia, que xa se fai a diario. Asimesmo, dentro dos propios recintos escolares, poderíanse facer actividades destinadas a mellorar os coñecementos das nenas e nenos en canto á Seguridade Vial. Esta iniciativa englóbase dentro da “semana europea da mobilidade” e dentro do ciclo “Mobilidade, Saúde e Seguridade, que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente co slogan “Móvete con intelixencia e vive mellor! A edil de Medio Ambiente espera que as veciñas e veciños se conciencien do moito que contamina o coche e o pouco que axuda a nosa propia saúde e tamén a nosa propia seguridade nas rúas.

.

1 comentario:

  1. Me parece FENOMENAL la iniciativa pero ¿alguien pensó en los padres que trabajamos y tenemos que estar temprano en el trabajo? y los niños que viven a mas de tres kilometros del centro? la llegada al cole solo se tratara de "madrugar " un poco pero salir a las dos de la tarde y afrontar una carretera ascendente de mas de tres kilometros puede resultar algo "durillo"...como idea está bien pero habria que depurarla mucho. Creo que no se piensa en un CONJUNTO si no en unos cuantos que viven "cerquita del cole"

    ResponderEliminar