Perante o comezo do curso escolar 2010-2011, o alcalde de Fene, Iván Puentes,
agarda que a Xunta de Galicia acometa a reparación e rehabilitación do CEIP “Os Casais” de Maniños. Neste senso, lembra que ao longo do inverno, e especialmente en período de choivas, as pingueiras dificultan o desenvolvemento da actividade escolar por mor do mal estado no que se atopa a cuberta do centro. O primeiro rexedor fenés agarda que os responsabeis da Consellería de Educación teñan sensibilidade á hora de priorizar este tema.
Puentes tamén destaca, co comezo do novo curso, que tanto o colexio de “Centieiras” coma o propio Concello fenés solicitaron á Xunta de Galicia a construcción dun novo ximnasio, demanda xa cursada na administración galega e para a que, dende o Concello, agardan resposta.
Por último, o alcalde de Fene pide que se dote económicamente a obra de ampliación do Instituto de Barallobre. A comunidade escolar e tamén o propio Concello demandaron da administración autonómica a construcción dun novo ximnasio e a instalación de novas aulas técnicas. O rexedor fenés lembra o compromiso da Conselleria de Educación da Xunta para darlle pulo a esta cuestión.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario