A Xunta de Galicia comprometeuse a mandar un técnico para valorar o proxecto e comenzar a dar os pasos necesarios para a súa reactivación
O alcalde de Fene Iván Puentes amosouse “optimista” no desbloqueo para a construcción da nova escola infantil de Barallobre despois da xuntanza coa secretaria xeral de familia Susana López Abella
O alcalde de Fene Iván Puentes reuniuse esta mañá coa secretaria xeral de familia Susana López Abella para desbloquear a construcción da nova escola infantil de Barallobre. A Xunta comprometeuse a enviar un técnico ao Concello fenés coa intención de valorar a obra e concretar os pasos a seguir para reactivar o proxecto. Susana López Abella comunicou ao rexedor a súa intención de visitar Fene e de estudar a posibilidade de incorporar a obra nos orzamentos da Conselleria do ano que ven. O alcalde informou á secretaria xeral da necesidade imperiosa da segunda escola para Fene dada a demanda existente con lista de espera de veciños interesados nos servizos desta escola infantil. Puentes informoulle da urxencia das obras xa que o tema está parado dende o 14 de abril de 2009, data na que o Pleno da Corporación Municipal Fenesa aprobou a cesión dos terreos á Xunta de Galicia para a construcción da escola. Dende a chegada da nova administración do PP o tema quedou esquencido. O alcalde destacou “a boa sintonia” e a intención da Xunta en retomar o tema.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario