viernes, 27 de agosto de 2010

La Escuela Unitaria de Limodre no cerrará

Como hemos confirmado ayer tarde en este blog la Escuela Unitaria de Limodre no cerrará. En el día de hoy vemos la misma noticia en Fene Cidadán, con la gran sorpresa que se dice que se arregló esta mañana, ¿señores si nosotros publicamos ayer la noticia?¿Cómo es que se arregló hoy?

Aquí el enlace de la noticia de ayer

Aquí le reproducimos la noticia de FENE CIDADAN publicada hoy.

A Escola Unitaria de Limodre non pechará

Logo da conversación mantida esta mañá entre a Concelleira de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene, Dna. Carmen Silvar Canosa, e Dna. Mª Teresa Villaverde Pais, Delegada Provincial de Educación, podemos confirmarlles que a Escola Unitaria de Limodre non pechará.
O vindeiro luns, a Concelleira de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene, Dna. Carmen Silvar Canosa e D. Iván Puentes Rivera reuniranse cos pais e nais dos nenos e nenas da escola para confirmarlles que o centro permanecerá aberto o próximo curso.
Desde o concello sentímonos satisfeitos de que todo volva á normalidade e que se cumpra o acordado na reunión mantida antes do verán co alcalde.
É prioritario e importante manter abertas as escolas de Limodre e de Sillobre xa que son os centros máis afastados do núcleo urbano e do resto de colexios.

Fuente: Fene Cidadán

.

2 comentarios:

  1. Patético. Pero hay que reconocer que en el arte de manipular son un mundo aparte, y lo digo tambien por un comentario publicado en otro blog en el cual se detalla como el señor alcalde dijo una cosa y la contraria y como si nada. Queda poco para mayo 2011 y hay que mantenerse en el poder, que no hay a donde ir y la lista del paro es muy larga.

    ResponderEliminar
  2. Si, un portento estes representantes do Concello, os salvadores,.... Eles negocian o venres pola mañá cando xa todos sabían o día anterior que a escola permanecería aberta.

    Esta xente permaneceu desaparecida ate que se amañou o problema por outras vías, é dicir, o luns sae a nova nos xornais, e por parte do concello ninguén fai nada.

    O martes se xuntan os pais e organizan un pouco a resposta ante os medios de comunicación, e por parte do concello non hai novas de nada.

    O mércores se mandan aos medios de comunicación un comunicado, e por parte do concello segue sen haber un só movemento.
    Logo do comunicado nos xornais, e tras remitirlle este comunicado aos grupos políticos do concello, solicitando unha xuntanza coa señora concelleira, sgue sen haber novas por parte do concello (se ben é certo que o BNG se solidariza cos pai e incluso propoñen levar o asunto a Santiago).

    O xoves, a pesar de tentalo toda a mañá, a señora concelleira segue desaparecida. E, a través dun funcionario, se sabe que os representantes municipais aínda non deron comunicado coa conselleira de cultura. Ese mesmo día a última hora se lle cominica á mestra, e a través dela aos pais, que o problema foi un erro de reconto e que a escola non vai fechar.

    E o venres porfin, a señora concelleira ou o alcalde amañan os problemas do concello....

    Señores, como sempre, chegan tarde. Me parece vergoñento que ninguén se dignara a falar cos pais, e foran estes os que tiveran que organizar a revolta para que se movera un pouco o tema. E mentres, a corporación municipal en pleno desaparecida e sen sequera contestar ao teléfono. Agora sí, unha vez amañado, aparecen a falar cos pais (tamén é certo que en ningún momento lles insinuaron que eles amañaran nada, é máis disque se enteraron pola prensa, nin sequera len o DOG...).

    Pero que clase de representantes temos!, que non son capaces de dar a cara pola súa xente. O único para o que valen é para cobrar.

    ResponderEliminar