viernes, 18 de junio de 2010
O rio Cádavo de Fene, argumento no Parlamento Galego
O BNG defenderá no Parlamento galego unha proposición non de lei na que pide unha actuación urxente para solucionar os problemas que provocan os reiterados desbordamentos do río Cádavo en Fene. As deputadas autoras desta iniciativa, Ana Luísa Bouza, Isabel Sánchez e Teresa Táboas, solicitan que a Xunta de Galiza leve a cabo as actuacións necesarias para a recuperación do río Cádavo ao seu paso por Perlío (Fene).
Propoñen que a canle se abra a ceo aberto no tramo onde iso sexa posible, así como no tramo onde non sexa viable, propoñen substituír o seu actual encauzamento de dous tubos de metro e medio cada un, por un só tubo de dous metros de diámetro.
As deputadas do BNG explican que a canalización de varios tramos do río, realizada hai máis de 30 anos, está a causar problemas e hai algo máis dun ano , logo do Klaus, esta canalización provocou asolagamentos obrigando ao concello a destapar o río e repoñer meses despois a canalización ante a “desidia” da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
As últimas chuvias, afirman as deputadas do BNG, “foron suficientes para a que a canalización non puidera asumir o cauce e as limpezas das marxes do río sumadas ao escaso diámetro dos tubos son as causas dos atoamentos. As deputadas nacionalistas afirman que “o río Cádavo precisa unha actuación urxente que resolva definitivamente os problemas de desbordamento”
Fuente:Radio Fusión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario