jueves, 13 de mayo de 2010

Asociación Cultural O Tadetas e A Escola de Palilleiras do CPS. San Valentín



Queren comunicar ós veciños e veciñas do barrio de San Valentín e da Comarca que dende 1996 o Centro de Promoción Social San Valentín, leva organizando a XUNTANZA DE PALILLEIRAS/OS DE FERROLTERRA, cun gran éxito tanto de participación de palilleiras como de visitantes.

Este ano a nova directiva do CPS. De San Valentín, tomou a decisión de non organizar a clásica Xuntanza de Palilleiras, alegando a súa intención de explorar novos horizontes e actividades que pode que beneficie o Barrio, polo que escoitando a desasosego da Escola de PALILLEIRA DO CPS. a Asociación Cultural “O Tadetas” tomou a decisión de darlle toda a cobertura necesaria ó grupo de Palilleiras, para que leven a bo porto a organización da XV Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra, o vindeiro 12 de xuño.

Compre dicir que esta é unha aventura que comezou por iniciativa de un grupo de mulleres pertencentes á escola de Palilleiras do CPS. San Valentín hai 15 anos, que viron a necesidade de recuperar e fomentar esta fermosa tradición de dar forma ao fío por medio da creatividade e as súas mans.

A Asociación Cultural O Tadetas, tiña previsto a realización da I FEIRA MEDIEVAL DA ARTESANIA, dentro da primeira quincena de xuño, polo que puxo toda a súa organización a disposición da Escola de Palilleiras para que realizaran a XV Xuntanza de Palilleiras, conxuntamente ca FEIRA da ARTESANIA, que vai ter lugar no Paseo de San Valentín os días 12 e 13 de xuño

Esperamos contar con numerosos postos que estarán abertos o sábado 12 a partir de las 11:00 h e domingo 13 a partir de las 10:30 h. que farán unha demostración dos seus traballos de artesanía, facendo un chamamento en primeiro lugar o barrio de San Valentín e os veciños e veciñas de Fene o seu apoio a a XV XUNTANZA DE PALILLEIRAS e a FEIRA MEDIEVAL.

Mercando as rifas que stan a súa disposición nos comercios de hoteleira e da sucidade do barrio e de Fene
.

2 comentarios:

  1. quiero saber un numero de contacto

    ResponderEliminar
  2. Si nos dices de quien se trata a lo mejor te podemos ayudar

    Gracias un saludo

    ResponderEliminar