jueves, 13 de mayo de 2010

O BNG PREGUNTA POR ESCRITO, SE O ALCALDE COÑECE O EXPEDIENTE DA MINA DE ANDALUCITA EN GOENTE

O portavoz nacionalista no concello de Fene, Manuel Polo, rexistrou no día de onte tres preguntas relativas á explotación de andalucita na parroquia pontesa de Goente.

A iniciativa do BNG ven motivada polas últimas novas de que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia ven de aprobar a Declaración de Impacto Ambiental positiva para esta explotación de andalucita. Os antecedentes técnicos, xurídicos e medioambientais que ate agora non fixeran viábel esta explotación, fundamentalmente pola proximidade ao espazo natural das fragas do Eume e a afectación ao nacemento do Belelle. No BNG de Fene queremos saber de que información dispón o concello relativa a este asunto xa que como denunciaron varias asociacións ecoloxistas a explotación de andalucita afectará dun xeito severo ao nacemento do río Belelle.

Queremos lembrar que o río Belelle é o que constitúe o límite natural do noso concello co de Neda nun espazo fermoso e cunha fervenza espectacular e que conta cunha fauna e unha flora autóctona de incalculábel valor. Nesta zona o concello de Fene ten investido fondos europeos para mellorar o acceso á fervenza dun xeito respetuoso co medio. Polo potencial perigo que supón a explotación mineira no nacemento do Belelle no Picobello en Goente é polo que preguntamos ao Alcalde se :

  1. Conta o Concello co expediente ou información relativa a esta solicitude de explotación mineira?
  2. No caso contrario, interesouse por este asunto ante a Consellería?
  3. Que medidas ten pensado tomar o goberno local neste asunto?

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario