A pesares de contar coa meirande parte da información solicitada dende que comezou a negociación do orzamento muncipal de Fene e de ter presentadas todas as nosas demandas para facer un orzamento aceptábel polo BNG, as negociacións seguen a dilatarse no tempo pola tardanza do PSOE para presentarnos a súa nova proposta nunha reunión que non son capaces de realizar.O ritmo de traballo do PSOE, non é o necesario para conseguir cumplir cós veciños e veciñas e poder contar dunha vez por todas cun orzamento do ano en curso. Dende o BNG, temos a dúbida de que ao PSOE lle interese realmente aprobar o orzamento deste ano e reclamamos que se negocie canto antes para que esta situación mude. Son moitas as débedas contraidas con moitas empresas que é necesario solventar, sobre todo na situación de crise na que nos atopamos, na cal é necesario traballar con propostas cun criterio anticrise. Na actual coxuntura de crise e destrucción de emprego Fene necesita un orzamento municipal que defenda os intereses dos veciños e veciñas. A creación de emprego, a potenciación dos Servizos sociais e o inicio das obras pendenetes dende 2007 procedentes da Deputación Provincial, son elementos fundamentais para o ano 2010. As propostas e a vontade do BNG son claras:
Emprego: o Concello ten que potenciar a Formación ocupacional, os Plans de emprego municipais coordinados co Plan de cooperación da Xunta e as bolsas de sustitucións para o Sevizo de Axuda no Fogar, o persoal administartivo e de peonaxe.
Benestar social: Aumento da atención á dependencia e reforzamento dos programas e axudas de inclusión social.
Obras: Como mínimo hai que por en marcha os Plan de obras provinciais de 2007-2008 e 2009. Son máis de 1,5 millóns de € aprobados e pendentes de investir. Agora ademais cumpre incluir no orzamento unha partida para a dotación de auga a Magalofes e poder asinar un convenio coa Xunta.
Control do gasto: Os gastos sen control, a perda de subvencións e a privatización de servizos caracterizaron a xestión de Puentes no ano 2009.
O orzamneto ten que pagar as débedas do 2009 que ascenden a un millón de euros e rectificar estas polticas de improvisación na xestión local.
No BNG lamentamos a falta de ritmo de traballo e de compromiso do actual goberno socialista de Fene, polo que esiximos un maior rendemento polo ben dos feneses e fenesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario