A prórroga dos orzamentos do 2008 e os gastos por riba dos ingresos do ano 2009 están a provocar impagos por máis de un millón de euros a diferentes empresas prestadoras de suministros, de servizos e de obras ao Concello de Fene. Esta situación está a comprometer o cobro dos salarios dos traballadores de varias das empresas que prestan os seus servizos para o Concello de Fene. No BNG coñecemos xa retrasos nos pagos das nóminas deste mes de abril a numeros traballadores e traballadoras polo abultado número de facturas pendentes de pago. Si a esta situación lle sumamos ás restriccións ao creto das entidades financieiras da como resultado esta lamentábel situación.
Para o portavoz nacionalista Manuel Polo é urxente que o goberno presente un orzamento para o seu debate en comisión. “Dermandamoslle ao Alcalde que presente unhas contas xa” afirmou Manuel Polo.
A situación económica actual ademais compromete os Plans de obras da deputación por valor de máis de 680.000€ ademais de ter paralizadas todas as políticas sociais e de emprego necesarias para estes tempos de grave crise económica.
Na comisión informativa de hoxe xoves, o portavoz nacionalista, Manuel Polo demandará unha solución urxente e apelará á responsabilidade do goberno para que os veciños e veciñas de Fene non perdan servizos de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario