Os nacionalistas de Fene interpelaron ao delegado de urbanismo no Pleno ordinario de onte xoves respeito da proposta nacionalista da creación dunha comisión de seguimento dos traballos de revisión do PXOM. Esta comisión tería como obxectivo abrir á participación cidadá a elaboración do documento sendo un organo de asesoramento e debate dos avances da futura norma.
Como se pode lembrar na proposta do BNG esta Comisión deberá estar presidida polo Alcalde e coordinada polo Enxeñeiro municipal ademais deberá contar, cando menos, cun representante de cada un dos grupos políticos do concello, dous representantes das sociedades locais e dous representantes dos empresarios e comerciantes.
Esta é unha proposta que busca lograr o apoio social e político que debe contar a elaboración do PXOM. No BNG vemos con preocupación esta actitude do goberno de refuxiarse na casa do concello evitando falar cos veciños directamente.
Para o BNG é prioritario darlle axilidade e participación a esta reforma para evitar parálises innecesarias na xestión urbanística de Fene. Por isto tamén solicitaremos ao alcalde que lle dea prioridade aos traballos de revisión do Plan Xeral.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario