O alcalde de Fene comprometeuse a abonar as subvencións ás entidades culturais no vindeiro mes de abril. Trátase de axudas comprometidas para eventos xa realizados. Falamos da Xuntanza de Gaiteiros que organiza a Banda Airiños de Fene; do Felipop de Limodre, da asociación Felicia; a festa da Orella da AVV; a Festa do Cabalo da AVV de Magalofes; o Skratch Fene; a Xuntanza de Palilleiras de San Valentín que organiza o CPS e o FeneRock.
O alcalde Iván Puentes asegurou que no próximo pleno ordinario de Abril someterase a aprobación o pago das débedas para que as entidades podan á sua vez pagar aos seus acreedores. Diante da pregunta de ¿qué fan este ano cos seus eventos? Puentes rogóulles que sigan organizándoos porque no borrador de Orzamentos do 2010 xa figuran as subvencións dun xeito nominativo. É dicir que cada acontecemento cultural terá o seu proprio orzamento.
Pero o pleno fenés debateu máis asuntos. Aprobou, sen apenas debate e por unanimidade, a moción do PP instando ao goberno a que os autónomos e as pymes non paguen o IVA mentras non cobren as facturas. EU pediu na sua que o goberno español condone a débeda que tiña contraída Haití. Consenso houbo tamén cos actos do 8 de marzo e a suxerencia de que Fene realice algún acto neste ano de Rosalía, e á hora de apoiar unha inicitiva do grupo socialista de apoio á Fundación Vicente Ferrer para o Nobel da Paz. Os debates máis ardorosos foron dous:
1. O relacionado cunha moción consensuada entre o PP e o BNG na que instan ao goberno central a retirar a proposta de ampliar a idade de xubilación aos 67 anos. O PSOE votou en contra e EU abstívose. O PSOE acusou aos promotores da moción, de “alarmistas” e negou que o PSOE vaia levar a cabo esta medida, que se trataba só dunha idea para o debate. Contestáronlle que por algo se están a manifestar os sindicatos “por media España"
2. A petición de comparecencia plenaria, por parte do BNG , do edil de obras para que explique o retraso na execución das obras do POS dende o 2007. Os tres grupos da oposición coincidiron na preocupación porque os prazos de tempo son moi curtos. A Deputación provincial requeriu o 10 de febreiro ao concello para entregar a documentación previa á licitación das obras e aínda non se fixo. Segundo BNG as obras poderíanse perder, cifrando a perda en 670.000 €. O PP citou exemplos de perda de subvencións ou penalizacións sufridas por Fene por retrasos. O alcalde achacou ao goberno anterior do BNG os retrasos nos plans da Deputación. Finalmente o edil responsable da área de obras comparecerá no próximo pleno.
Foron moitos os rogos e preguntas da oposición no pleno fenés celebrado onte, pero no que coincidiron todos os grupos foi no mal funcionamento do novo servicio de recollida de voluminosos. Centos de obxectos pasan na rua moitos días a pesar de que, en teoría, se recóllen unha vez por semana. O alcalde anunciou unha xuntanza coa empresa concesionaria do servicio, o martes da vindeira semana, na que pretende solventar todos os problemas.
Por ultimo soubemos que a semana que ven o PSOE realizará unha segunda tanda de reunións para debater o borrador dos Orzamentos cos grupos da oposición. E tamén, que Fene asinará o contrato coa empresa adxudicataria da revisión do PXOM o vindeiro luns. O edil de Facenda agarda executar ese traballo en 32 meses.
.
Que os dous partidos que din que son dos obreiros, referímonos ao PSOE e EU. Os primeiros votan en contra e o segundo abstense señores e estes son os que din que defenden os intereses dos obreiros? ¡Que baixe Dios e nos leve!
ResponderEliminarQue partida de caz….nos represéntan á clase traballadora.
Veciños tomen nota que vén o 2011 e todos ofrécennos marabillas e flores imposibles de alcanzar nunca. Porque todos son uns tramposos!!
Estes señores soamente miran os intereses do seu partido.
Non dou entendido que os sindicatos UXT e CC.OO nos léven á rúa para protestar polo atraso da xubilación e ao contrario o PSOE e EU acepten tal proposta.
ResponderEliminarSeñores como nos enganan, uns e outros.