Os nacionalistas feneses distribuen 4500 boletíns facendo un chamamento a participar na manifestación deste sábado. O levantamento do veto a ASTANO para que poda facer barcos civis e como consecuencia xerar miles de postos de traballo é a portada do boletín nacionalista. Ademais este documeto de 8 follas conten numerosos artigos de carácter local e máxima actualidade como son os orzamentos municipais, a perda de subvencións, a deficiente recollia de voluminosos, así como novas de ambito galego.
Para favorecer a participación popular na manifestación do sábado tamén está prevista organizar unha caravana automobilística que na tarde do venres percorrerá o concello, saíndo ás 18:30 do barrio de San Valentín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario