sábado, 6 de marzo de 2010

O BNG de Fene informa aos veciños e veciñas das obras pendentes desde 2007

Os nacionalistas están a facer unha campaña informativa para que todos os veciños e veciñas coñezan as obras aprobadas e pendentes de executar. Para isto hoxe colocamos máis de 40 carteis de outras tantas obras en todos e cada un dos puntos onde tería que haber algunha actuación. Son fundamentalmente as obras dos Plans de obras e servizos (POS) 2007, 2008, 2009 e 2010 e o Plan Cooperación Provincial PCP 2007 e o Plan de Cooperacion cos Concellos (PCC) 2008-20011.

Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, vai sendo hora que este goberno pase das palabras aos feitos e executen as obras pendentes polo ben dos veciños. Na mema liña o BNG presentou ao Pleno do pasado xoves unha proposta de comparecencia do Concelleiro de obras para dar explicacións da súa xestión.
O Pleno de Fene aproba unanimemente a comparecencia do delegado de Obras.

A proposta do BNG o Pleno do concello de Fene celebrado este xoves día 4 aprobou por unanimidade a petición de comparecencia do edil delegado de obras. Para o BNG é especialmente significativa a vontade de paralizar a comparecencia por parte do PSOE que inicialmente votou en contra da inclusión da proposta na orde do día. Logo do debate a postura do PSOE cambiou para apoiala.

Desde o BNG queremos lembrar que as obras pendentes de executar no Concello de Fene dende o ano 2007 e procedentes de Plans provinciais ascenden a 1.585.375,62 €. A Concellaría de obras non foi quen de iniciar nin unha soa das actuacións aprobadas.

O BNG vai esixir unha aceleración na execución destes proxectos pendentes dende hai tres anos. Os prazos para iniciar as obras son moi curtos, xa que estamos a gozar dunha prórroga excepcional. O 30 de xuño teñen que estar contratadas e en novembro rematadas as seguintes obras;

ANO 2007

P.O.S 2007: 346.291,95.-€

ABASTECEMENTO ESTRADA DA PALMA MARXE DEREITA

SANEAMENTO CAMIÑO DE LUBIÁN 1ª FASE

SANEAMENTO CAMIÑO MONTE DA CANCELA (BARALLOBRE)

SANEAMENTO CAMIÑO DO COCALLO (BARALLOBRE)

SANEAMENTO FONTE NOVA (2ª FASE) (MAGALOFES)

PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DE CHAMOSO (FENE)

SERV. PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DA CASA VELLA (FENE)

SENDA PEONIL AVD. COOPERACIÓN- RÚA TELLERÍAS (SAN VALENTÍN)

P.C.P. 2007: 335.977,77.-€

REURBANIZACIÓN MURO DAS CHANCAS

REURBANIZACIÓN SAN VALENTÍN (2ª FASE)

PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DO TRABADO

ABASTECEMENTO CAMIÑO DE BOADO-TRES CASTIÑEIROS (MANIÑOS)

DOTACIÓN SERVIZOS PARQUE RÍO DE BAA (MANIÑOS)

PAVIMENTACIÓN PARCIAL CAMIÑO DE VILANOVA

1 comentario:

  1. Asi nos vai en Fene con esta xente que nos goberna.Este concelleiro de obras e servicios,non e mal rapaz, pero...!!o cargo que desempeña,eu penso que lle queda un pouco grande,xa que hai que dedicarlle moitas horas.E quen as paga son os veciños.

    ResponderEliminar