O Alcalde “despistouse” e perdeu os cartos por non realizar a merca da maquinaria en prazo
No ano 2008 a Concelleira de servizos e mantemento, a Nacionalista Ines Roca, xestionou ante a Deputación provincial da Coruña un Convenio por valor de 90.000 para a merca dunha máquina varredora, unha trituradora de pólas, unha hidrolimpadora, unha furgoneta con remolque e un cortacéspede.
Estas ferramentas mellorarían a calidade dos servizos de limpeza viaria e da xardinaría e sobre todo a reducción do volume das podas das árbores. Ademais suporían unha reducción nos custes dos servizos de limpeza e xardinaría.
O convenio foi aprobado polo Pleno da Deputación o 31 de xullo do 2008 e asinado polo Alcalde e o Presidente da deputación o 10 de setembro do mesmo ano.
A pesar da insistencia da concelleira nacionalista da necesidade de mercar esta maquinaria, tanto o Alcalde, Iván Puentes, como a Concellaría responsábel da contratación fixeron oídos xordos. Hoxe podemos afirmar que o abandono das funcións que lle son propias ao Goberno Socialista leva a que o Concello perda investimentos tan necesarios e importantes como estes.
Desde o BNG de Fene lamentamos que o escaso ritmo de traballo do Alcalde nos faga novamente protagonistas de perdas de axudas. Queremos lembrar os 300.000 € que se perderon o ano pasdado para a impartición dos curosos FIP ou os 60.000 perdidos a finais tamén do pasado ano para proxectos de promoción económica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario