miércoles, 24 de marzo de 2010

Entrevista a Manuel Polo Gundin, o voceiro do BNG


O voceiro do BNG, Manuel Polo Gundin, concedeu unha entrevista en exclusiva a Fene.com

Hoxe seguindo a rolda de entrevistas no Concello de Fene. Visitamos o voceiro do BNG, Manuel Polo Gundin, o cal nos atende moi amablemente. Debullando varios asuntos que afectan a o Concello de Fene, como son os presupostos, obras etc. etc....
  • Fene.com.- Estamos case a fináis de marzo e os presupostos sen aprobar Como están vostedes a o día de hoxe?¿chegaran a un acordó ?
Manuel Polo.- Para o BNG os acordos deben ser sobre proxectos, programas, e documentos, o PSOE sábeo. No ano 2009 o Alcalde non tivo o mais mínimo interes en facer uns orzamentos. No ano 2010 anunciou os orzamentos máis áxiles da historia de Fene, e xa estamos no cambio de hora... Eu podo afirmar que o BNG aprobou 28 orzamentos en Fene. Agora que non temos reponsabilidades de goberno poñemos condicións claras; a creación de emprego, a potenciación dos Servizos sociais e o inicio das obras pendentes dende 2007 procedentes da Deputación Provincial, son elementos fundamentais para o ano 2010.

Fene necesita un orzamento municipal que defenda os intereses dos veciños e veciñas na actual coxuntura de crise e destrución de emprego.

Emprego: o Concello ten que potenciar a Formación ocupacional, os Plans de emprego e as bolsas de sustitucións.

Benestar social: Aumento da atención á dependencia e reforzamento dos programas e axudas de inclusión social.

Obras: Como mínimo hai que por en marcha os Plans de obras provinciais de 2007-2008- 2009 e 2010. Son mais de 1,5 millóns de € aprobadoss e pendentes de investir.

Os gastos sen control e a perda de subvencións caracterizaron a xestión de Puentes no ano 2009. Temos solicitado información relativa a numerosas actividades e obras durante o ano 2009 que seguen sen resposta por parte do Alcalde. Para o BNG é fundamental coñecer a situación do Concello para falar dunhas contas de cara o presente ano. O PSOE tivo na súa man aprobar os orzamentos do 2009 e ten na súa man aprobar os do 2010. A cuestión está clara, se o orzamento é bo para a xente o BNG non vai ser o obstáculo, pero que lle quede claro a todo o mundo que en minoría se poden aprobar as contas, con convición e con seguridade, unhas contas con proxectos e ideas claras do que un alcalde quere para Fene.
  • Fene.com.- Cando se reunirán para aprobar os presupostos?
MP.- Convocáronnos a unha xuntanza en febreiro e a outra en marzo. A información que pedimos estanos a chegar a pingueiras xa que fixeron o orzamento no aire e de cara á galería. A nosa vontade é clara e non fuxiremos da responsabilidade que nos deron os veciños e veciñas. Outros non sabemos o que farán.
  • Fene.com.- Vostede creen que a única vía posible é un acordo PSOE - BNG?
MP.- É unha posibilidade, pero a aritmética en materia de orzamentos pode ser variada, hai exemplos de acordos PSOE-PP, e incluso de aprobación en solitario e en minoría.

Se unha persoa do BNG estivera na alcaldía tería un bo proxecto para Fene e de non acadar apoios suficientes,presentaría as contas vinculadas a unha moción de confianza.
  • Fene.com.- Cre vostede que o servizo de recollida de voluminosos en xeral está normalizado en todo Fene, no día de hoxe?
MP.-As queixas da xente son diarias, a improvisación no cambio de empresa foi absoluta. O BNG preguntou por esta cuestión nos Plenos de xaneiro, febreiro e marzo . En cada ocasión as respostas foron á defensiva e xustificándose que é máis barato o servizo actual que o da empresa anterior. Nós estamos vendo a traballadores do concello recollendo enseres, non sabemos se o van descontar á factura. Nós preguntámonos, que é barato? Descoñecemos as cifras do novo contrato
  • Fene.com.- E que supuxo isto para os veciños?
MP.-Pois evidentemente un mal servizo, lixo por todo o concello e un problema de información que realmente ninguén sabe nin cando, nin onde, nin como, depositar os enseres, ademais coincidiu co fin da televisión convencional e non se fixo unha recollida específica de antigos televisores. Este é un exemplo evidente de ineficacia e improvisación.
  • Fene.com.- Nunha entrevista que nos concedeu o Alcalde para Fene.com, e que publicamos o pasado domingo, comentábanos que é rotundamente falso que se vaian perder eses 670.000 euros do POST do 2007. Que ten que dicir a isto?
MP.-O que rotundamente certo é que a día de hoxe hai 346.291,95.-€ do POS 2007 e 335.977,77-€ do PCP 2007 pendentes de facer.

POS 2007

ABASTECEMENTO ESTRADA DA PALMA MARXE DEREITA
SANEAMENTO CAMIÑO DE LUBIÁN 1ª FASE
SANEAMENTO CAMIÑO MONTE DA CANCELA (BARALLOBRE)
SANEAMENTO CAMIÑO DO COCALLO (BARALLOBRE)
SANEAMENTO FONTE NOVA (2ª FASE) (MAGALOFES)
PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DE CHAMOSO (FENE)
SERV. PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DA CASA VELLA (FENE)
SENDA PEONIL AVD. COOPERACIÓN- RÚA TELLERÍAS (SAN VALENTÍN)

PCP 2007

REURBANIZACIÓN MURO DAS CHANCAS
REURBANIZACIÓN SAN VALENTÍN (2ª FASE)
PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DO TRABADO
ABASTECEMENTO CAMIÑO DE BOADO-TRES CASTIÑEIROS (MANIÑOS)
DOTACIÓN SERVIZOS PARQUE RÍO DE BAA (MANIÑOS)
PAVIMENTACIÓN PARCIAL CAMIÑO DE VILANOVA

O prazo para contratar estas obras remata en xullo deste ano, Fene leva tres anos agardando estas obras e ademais mentres non adxudiquen estas obras o concello non pode facer os plans provinciais de 2008, 2009 e 2010 . A situación é preocupante.

O Pleno ten aprobada, a instancia do BNG, a comparecencia do Concelleiro de obras para o vindeiro Pleno de abril. Veremos que nos contan destas obras pendentes.
  • Fene.com.- Hai moitos veciños e veciñas de Fene que aínda carecen do servizo de auga e a rede de sumidoiros. Pode comentarme que parroquias carecen deste servizo?
MP.- Hai algúns lugares sen algún dos dous servizos e poucos sen os dous, Fene ten feito un gran esforzo en auga e saneamento, e a proposta do BNG, no Plan de obras da deputación do 2010, vanse facer pequenos tramos pendentes nas parroquias. A nivel xeral falta o abastecemento de auga a Magalofes que estaba comprometida polo anterior conselleiro socialista Pachi Vázquez e que agora o PP de Feijoo a través do seu conselleiro Agustín Hernández quere que o Concello poña o 30% de un millón de euros. E por último queda a zona alta de Sillobre e todo San Marcos sen auga e saneamento. Estas dúas zonas teñen un orzamento de obra moi elevado pola dispersión poboacional e pola superficie a percorrer. Ten que ser un obxectivo achegar xa estes servizos básicos ao 100% da poboación.
  • Fene.com.- En canto o aboamento das subvencións ás Sociedades Culturales?¿Qué opina?
MP.-As entidades culturais e deportivas do noso concello fan unha inmensa labor que o concello debe acompañar e sobre todo no económico as axudas deben ser estables. No comezo deste mandato había un problema coas subvención do 2005, a nova lei de subvencións e os criterios máis estritos da intervención municipal deixáronas pendentes, pero agora temos un problema maior, o concello está con orzamentos prorrogados do ano 2008 e cun burato de facturas sen pagar de case un millón de euros. Hai moitas actividades que están en perigo real de desaparecer pola falla de compromiso do Alcalde coas sociedades. Nós colaboramos e apoiamos todas as medidas para solucionar este asunto, pero falla o ritmo de traballo. Agardemos que coa presión de todas as partes consigamos manter o apoio ás sociedades.
  • Fene.com.- Vostede non cre que o traballo que están a facer vostedes e o PP é desgastar o partido que está no poder?
MP.-O goberno de Fene desgástase el só, pola súa incompetencia, improvisación e desatención á xente.

É desgaste denunciar o que non se fai ou o que se fai mal?

Cando hai unha coincidencia no diagnóstico dos problemas, os problemas están aí, vostede mesmo os enuncia coas súas preguntas, pero a cuestión fundamental é se lle servimos á xente de Fene. O BNG gobernou durante dous anos en base a un acordo de goberno, sacamos adiante as contas do 2008 e todos os Plans de obras foron aprobados por unanimidade, aprobamos as ordenanzas fiscais, fixemos propostas para os dous Plans E, fixemos propostas para os orzamentos do 2009 e os do 2010, na actualidade facemos un seguimento diario das actuacións municipais e temos a obriga de demandar que se comencen as obras aprobadas desde 2007, que se arranxen os camiños, que se recollan os voluminosos... Temos iniciativa, sabemos o Fene que queremos, e a situación actual non nos vale.
  • Fene.com.- Porqué a os fenéses dálles a sensación de que Fene está "abandonado" á súa sorte e que retrocede en vez de avanzar? Os camiños, por exemplo, están lamentables...
MP.- Con esta pregunta quere desgastar ao goberno?
Eu penso que como no BNG tamén ve o estado de abandonado noso concello. Este goberno non ten unha idea do que quere para Fene e o máis grave é que están de costas á xente, non escoitan. O Alcalde fala sen parar, pero ante os problemas recua, esgrime medias verdades para non ter responsabilidade. Póñolle un exemplo, en Limodre atoouse o colector de augas residuais e cal foi o modelo de actuación municipal, 1º estar un mes facendo oídos xordos ocultando a realidade, 2º cando se fai público o problema derivase a responsabilidade a o goberno municipal dos anos 80 e 90 por falla de previsión, 3º inténtase resposabilizar á Xunta de Galiza, 4º logo de intensas declaracións á prensa, sen dicir nada da falla absoluta de limpeza dos colectores nos últimos tres anos, ponse o concello con Aquagest mans á obra.

Os camiños, a limpeza viaria, a recollida de voluminosos, os deficientes desbrozados nos camiños, e as cousas que a xente non ve tanto, as privatizacións de servizos municipais como a limpeza de edificios ou servizo de axuda no fogar por non falar dos buratos de case un millón de euros nas contas municipais.

A improvisación e a ausencia de proxecto para Fene fai que o concello non cubra nin os servizos mínimos.
  • Fene.com.- En política, o partido que goberna sempre bota a culpa dos males do presente a o goberno anterior; vaia, que se botan balóns fose en moitas ocasións... falta de humildade?
MP.- É unha táctica habitual en Puentes, so evidencia falla de proxecto e iniciativa. Falta de realismo, hai que vivir cos pes na terra, cerca da xente, escoitando e atendendo os seus problemas e se pode, arranxalos.Diso temos que aprender moito os actuais concelleiros de Fene, e sobre todo os do PSOE que agora gobernan, das anteriores corporacións. Hai valores como o traballo, a constancia, a empatía e tamén a humildade que non se prodigan no actual goberno municipal, en Fene a xente estaba acostumada a outro xeito de gobernar, sen cita previa, con atención diaria, con máis preocupación por Fene que polo partido político...Nós demostramos como gobernamos e as ideas que temos para Fene.
  • Fene.com.- Sentídesvos impotentes os políticos cando escoitades ou ledes certas críticas sobre o voso labor?
MP.- A política é unha actividade denotada e maltratada polo sistema económico e político actual, fundamentalmente para equipararnos a todas as persoas e a todas as forzas políticas. Coñezo a moita xente que adicamos tempo e moitas veces diñeiro en mellorar e transformar a realidade en beneficio de todos e todas nós e das xeracións vindeiras. A "clase política" é reflexo da nosa sociedade, hai de todo.

Para o BNG é lamentábel que valores como o individualismo e o consumismo sexan os predominantes na sociedade actual. A nós aínda nos queda moito de utopía e de ilusión por tras formar o mundo, comezando por Fene, que Astano poda facer barcos e xerar emprego, que o noso concello teña acceso todo o mundo aos servizos básicos, que podamos facilitar a igualdade de oportunidades de todas as persoas, con escolas infantís, con centros de día, con centro educativos e sanitarios de calidade, que haxa un transporte de cercanías, tren de Fene a Ferrol e Pontedeume que nos una un bus que vaia ao Arquitecto Marcide. As revolucións teñen que ser a suma de moitas melloras empezando polo máis próximo.
  • Fene.com.- E xa para rematar, que mensaxe quere darlles aos veciños?
MP.- Que nós, o BNG, estamos ao seu servizo. Queremos traballar por Fene escoitándoos e entendéndoos. Temos un gran equipo de traballo e todo o futuro por gañar, ilusión e proxecto non nos falla. Temos as pezas para por a Fene de novo no mapa, que a xente de Fene estea orgullosa do seu, que poda vivir nun concello con calidade, cos servizos básicos ben atendidos e con proxectos de futuro xestionados con outras administracións en pé de igualdade. Temos dereito ao traballo para o que hai que reactivar ASTANO e levantarlle o veto xa, temos dereito a vivendas sociais, a melloras nos centros de ensino, no centro da terceira idade, temos dereito a un centro de día público, temos dereito a que a Ronda Oeste circunvale Fene e que a Avenida Naturais e a de Marques de Figueroa sexan rúas e non estradas, temos dereito a ter un auditorio municipal, temos dereito en definitiva de avanzar e mellorar a nosa calidade de vida. En Fene os nosos veciños e veciñas teñen que saber que hai quen sabe como facelo.

Moitas grazas Polo por atendernos en estra entrevista, que ma puxeches un pouco difícil a o non saber escribir en galego, pero bo funme apañando. Espero que me perdoen por que abra moitas faltas de ortografía pero xa lles dixen que non sei escribilo.

E graciñas a todos os que visitades o meu blog, o cal espero que sexa do voso agrado.

J.Aguilar

Bookmark and Share

4 comentarios:

  1. Bon traballo Jacobo.Bueno! despois de leer as entrevistas, chego a conclusión que uns por outros e a casa sin barrer,e quen a vai pagar somos os veciños.Esta xente que se presenta as eleccións municipales e xogan a ser políticos, deberian saber que,estan pa servir a o pobo e deixarse de colores e ideales políticos mandados de Madrid ou Santiago,porque hoxe gobernan uns e mañan outros.

    ResponderEliminar
  2. Jacobo moi ben a entrevista, bo todo o da túa páxina excelente todo. Como dis que non te manexas ben en galego! Está estupendamente ben
    Síguenos informando así que polo menos nos imos decatando de algo, aínda que a dicir a verdade, todos os políticos arriman a sardiña ao seu ombro. Que ningún conta a verdade!

    ResponderEliminar
  3. Bueno, despois de ler as tres entrevistas, por certo, parabéns a Jacobo pola idea e polo traballo, eu veño a confirmar a miña idea sobre a situación municipal:

    1.- PSOE-Puentes, goberno ou máis ben desgoberno en minoría e un alcalde que cando hai fotos e titulares traballa arreo e se multiplica se fai falla, pero ao que nunca lle escoitei dicir que se equivocara nin que fixeran nada mal. E a realidade é que hai moitas dúbidas sobre a súa xestión (se se pode chamar xestión)Privatización de servizos(có conseguinte aumento do gasto e reducción de emprego), falla de orzamento, falla de transparencia nos gastos(estas dúas unidas me suxiren un mal presaxio), retrasos e máis retrasos nas obras e sobre todo estilo ZP-PSOE, fuxida sempre hacia diante con titulares e criticando ao outro, e mañá xa se verá..

    2.- PP- Sindo : Práctica a oposición para seu. Eu creo que o PP xoga coas enquisas e mira o seu propio interés, as derradeiras eleccións municipais, autonómicas etc veñen mellorando os rexistros do PP en Fene, asi entendo a súa actitude, se limitan a sacar algunha nota de prensa de vez en cando, a non meterse en polémicas, borrandose ás primeiras de cambio, como nos orzamentos 2010 (anunciaron abstención antes case de ver a proposta), a sumarse cando o ar sopla a favor, como o asunto Rumbo 21 e asi todo, afastandose cando hai polémica e arrimandose cando se poden beneficiar. De propostas, nada. De interés polos veciños, nada. Oposición para seu, sería o mei titular.

    3.- BNG - Polo: O BNG amosa coa súa oposición porque rachou o pacto de goberno. As diferenzas non poden ser maiores entre PSOE- BNG.Ten maís futuro un pacto PP- PSOE , ambos son dunha liña política similar, mirar do seu. É cero que ainda na oposición o BNG está a sufrir un gran desgaste, tamén é igual de certo que hai que recoñecerlles que se están a implicar ao máximo, denunciando todo canto hai que denunciar e levando a iniciativa con propostas e medidas claras que arrinconan ao PSOE. Aínda asi me parece que a xente segue a percibir o BNG como o mesmo dos derradeiros 28 anos, asi que ou ben, a renovación non foi suficiente ou se fixo mal.

    4.- IU, non sei se lle vai facer ou non entrevistas, en calquer caso non me fai falla ler para facer un comentario, xa que, simplemente non entendo a ese home. IU Fene ten pouco do partido e moito do pensamento persoal do seu voceiro.Debería facerse un partido independente porque...

    ResponderEliminar
  4. Dis toda a verdade compañeiro e non digo mais.......

    ResponderEliminar