Todas as forzas políticas e sociais, agás o Psdeg-Psoe, asinaron o manifesto de apoio á nova Lei de Caixas. No Pleno de Fene BNG, PP e IU votaron a favor da Adhesión e apoio da Corporación municipal ao “Manifesto Galiza ten dreito”
No Pleno extraordinario celebrado hoxe xoves, a petición do Grupo Municipal do BNG, debatiuse e votouse a adhesión e apoio ao “Manifesto Galiza ten dereito.”
Galiza ten unha nova lei de Caixas grazas ao impulso do BNG. A nova lei permite que as Caixas Galegas se fusionen co que se garante que o aforro galego se manteña no país. O PsdeG-PSOE carece de autonomía para defender as caixas, mantén unha actitude lastimosa e dependente de Madrid.
O Alcalde de Fene perdeu, novamente, unha oportunidade de sair en defensa dos intereses dos feneses e fenesas. Xa actuara cunha de igual xeito, cunha abstención, fronte a ILP presentada pola plataforma Rumbo 21 co obxectivo de levantarlle o veto a ASTANO.
O BNG defende unha fusión das caixas galegas paritaria e equilibrada. As opcións que temos na situación actual son dúas; ou unha caixa galega forte ou dúas sucursais de bancos con sede en Madrid.
O goberno central trata mediante manobras dilatorias atrasar a aplicación da Lei galega de caixas de aforro. O goberno galego non pode ceder, e cambiar a Lei feita no Parlamento Galego.
No BNG de Fene aplaudimos a altura de miras dos 10 votos a favor cos que contou a adhesión a este Manifesto e lamentamos a falta de lealdade e compromiso co país do PsdeG-PSOE e en particular o do noso Alcalde.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario