O sabado disputarase o primeiro partido oficial
O Perlío volta aos Pinares despois dalgúns meses en obras. A Federación Galega de Fútbol a través da súa delegación informa que o encontro de modestos entre o líder da Segunda Autonómica, o Perlío, e o San Sadurniño xogarase este domingo ás catro e cuarto dende o campo municipal de Os Pinares. Será o primeiro encontro oficial desta temporada no terreo de xogo fenés. Tamén se disputará o partido xuvenil entre o Perlío e o Ortigueira, concretamente o sábado ás catro e cuarto da tarde. Os Cadetes xogarán e inaugurarán a instalación o sábado ás once e media da mañá ante o Narón
Os tres equipos de Perlío utilizarán os antigos vestiarios xa que as obras para a construcción dos novos vestiarios comezarán próximamente igual que a instalación do novo alumeado electrico. O campo xa conta cun novo céspede. Os distintos equipos do Perlío comezan a utilizar a instalación para os seus adestramentos. A nova instalación de Os Pinares xa conta con traída de auga potable.
Fuente: Radiofusión
.
Non e sin hora que acabaran, pero....? resulta que as obras para a construción dos novos vestuarios¡¡¡¡comenzarán proximamente!!!!Xa podemos esperar.....¿e logo ata ahora que fixeron?.
ResponderEliminarrascandoa.... pero e creo que estan esperando a que se acerquen as elecions...
ResponderEliminarComo o Concello e a Deputacion tarde tanto en facer os vestuarios como as veiraruas de Barallobre estamos apañados
ResponderEliminar