A Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva "Agarimo" de Sillobre, celebrará unha serie de actividades que se desenvolverán dentro do programa do Día das Letras Galegas 2009, dedicadas este ano a RAMON PIÑEIRO dunha maneira continuada no tempo e que son as seguintes:
Sábado 16, ás 19,00 horas MESA COLOQUIO
Membros das Sociedades e agrupacións políticas de Fene,xornalistas
e o público asistente, moderados por Xoan Morales, falaran sobre
AS LETRAS GALEGAS NAS SOCIEDADES DO CONCELLO DE FENE
Domingo 17, ás 17,00 horas OBRADOIRO LITERARIO PARA NENAS/OS
Dirixidos pola escritora Iria López Teixeiro, e xogando coas palabras
escribirán os contos que leeremos. Para os participantes repartiranse
agasallos e libros.
Sábado 23, ás 22,30 horas BAILE DAS FLORES
Arrufada pola orquestra FUSION
Domingo 24, ás 20,00 horas CERTAMEN DE CORAIS
Coral Polifónica ETERNA XUVENTUDE
Rondalla TROVADORES de Ares
Coral Polifónica de AGARIMO
Sábado 30, ás 21,00 horas VELADA DE TEATRO
A cargo da agrupación teatral AGARIMO.
O remate servirase a tradicional queimada.
Dende 0 16 ata o 30, EXPOSICION FOTOGRAFICA
33 anos de letras galegas en AGARIMO.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario