sábado, 7 de febrero de 2009

O BNG defende que Astano volva construír buques civís a vindeira lexislatura

O candidato comarcal do BNG ao Parlamento de Galicia, Fernando Blanco, defendeu onte nun acto público en Fene que o estaleiro de Perlío volte facer barcos, como “obxectivo irrenunciable para a proxima lexislatura”. Neste mitin, que tivo lugar na parroquia de Maniños, tamén interviron a número dous da lista electoral do BNG por esta provincia, Ana Pontón; e Rita Couto, primeira tenente alcalde no Concello fenés.
Na actual situación de crise e de incremento de desemprego na comarca, Fernando Blanco sinalou que “resulta imprescindible a recuperación de Astano para a construcción naval civil, algo que o Goberno español pode facer se ten vontade política”. Asi mesmo, lembrou que esta demanda sempre formou parte da axenda política do BNG, “non como outros que se apuntan á reivindicación en función de se hai convocatorias eleitorais”, suliñou.
Pola súa parte, Ana Pontón contrapuxo a política privatizadora do PP -“que só traerá máis desigualdade”, segundo dixo- á aposta do BNG “pola intervención pública para saír da crise”, mediante a creación dun instituto galego de credito y a reforma da Lei de Caixas de Aforro.

Fuente: Diario de Ferrol

4 comentarios:

  1. Todas son promesas e despois que

    ResponderEliminar
  2. De este conto xa estamos cheos.
    No lo contou Aznar, Zapatero, Touriño ect.
    Cando aparecerá un político que nos conte a verdade

    ResponderEliminar
  3. De novo salta a palestra o que facer con antigua Astano, e todos os partidos se desfan en demagógicas propuestas de que asteleiro de Astano ten que volver a construcción de buques.
    Pero señores políticos porque de unha vez non se encargan de desenmascarar e poñer as cousas no seu sitio

    ResponderEliminar
  4. TEMOS O QUE MERECEMOS.

    por os mesmos de sempre...

    ResponderEliminar