martes, 9 de julio de 2013

A Deputación adiántalles por segunda vez en dous anos 25 millóns de euros aos concellos para facer fronte ao plan de provedores do Goberno



O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá en rolda de prensa unha nova iniciativa da institución provincial destinada a mellorar a situación económica dos concellos da provincia “nun momento crítico” para moitas administracións locais.
Segundo explicou Calvo, esta “medida” pasa por un adianto a 81
concellos e máis ao Consorcio das Mariñas de máis de 25 millóns de euros. Esta cantidade corresponde aos cartos que recibirían durante os meses de xullo, agosto e setembro como resultado do cobro, por parte da Deputación dos impostos e as taxas municipais que teñan delegada na institución provincial.
O obxectivo desta medida, cualificada polo presidente da Deputación coma “excepcional ante unha situación excepcional” é minimizar ao máximo o impacto que terá nos concellos o Real decreto do Goberno do Estado publicado o pasado 28 de xuño para a aplicación de medidas urxentes contra a morosidade das Administracións públicas e de apoio a entidades locais con problemas financeiros.
O texto, tal e como lembrou Calvo, establece un mecanismo de financiamento para garantir o pago aos provedores cun marcado carácter de inmediato, así como a obriga de aboar as facturas pendentes para evitar o seu sometemento a un plan de axuste.
Con este adianto, a Deputación trata de facilitar que os concellos da provincia poidan abonar os pagos pendentes antes do próximo 19 de xullo. A transferencia realizouse onte aos 81 concellos e ao Consorcio das Mariñas, que son os que teñen delegada na institución provincial algunha das súas taxas e impostos.
“Os concellos que teñen delegados algún dos seus impostos ou taxas na Deputación recibirán estes cartos a custo cero. Eles serán os grandes beneficiados. Loxicamente, os que teñen contratada esta xestión a unha empresa non poderían beneficiarse nunca dunha medida coma esta, e en todo caso só poderían facelo pagando”, matizou o presidente provincial.
Estes 25 millóns de euros, que os concellos xa teñen no seu poder, súmanse no tempo á liquidación do imposto de vehículos do ano 2013, que ascende a 9.784.731,80 euros e que foi pagado aos municipios o pasado 28 de xuño.
Sumando estas dúas achegas, a Deputación da Coruña ingresoulles aos municipios que delegan a xestión de taxas e impostos na institución provincial preto de 35 millóns de euros nas últimas dúas semanas.
Segunda ocasión
Calvo recordou que esta é a segunda ocasión que a Deputación adianta dunha vez tres meses da recadación. Na primeira ocasión, en marzo  do ano pasado, o titular da Deputación Provincial da Coruña lembrou que “conseguimos que moitos concellos puideran facer fronte aos seus pagos sen necesidade de realizar o plan de axuste”, algo que confiou que suceda tamén nesta ocasión.
“O fin e a razón de ser desta institución é estar ao lado de cada concello, que é a nosa obriga”, explicou o mandatario provincial.
O presidente da Deputación recoñeceu que adoitar esta medida supón “un custo financeiro para a institución provincial, pero podémolo asumir grazas á saneada situación económica que estamos atravesando”. 
5.299.885,11   SERAN REPARTIDOS EN LA COMARCA DE FERROL

Ares (356.208,69); Cabanas (174.685,05); A Capela (34.554,30); Cariño (125.625,24); Cedeira (420.165,72);  Cerdido (32.133,69); Fene (828.502,77); Mañón     (57.457,11); Moeche (43.633,80); Monfero (72.653,82); Narón (1.772.823,27);  Neda     (202.088,61); Ortigueira (271.175,28); Pontedeume (329.279,91); San Sadurniño (147.560,67); Somozas (120.516,21); Valdoviño (286.028,73); Vilarmaior (24.792,24).

No hay comentarios:

Publicar un comentario