martes, 4 de junio de 2013

O pincel de José Manuel Pereiro amosa en Fene a beleza da paisaxe de toda la comarca



A Casa da Cultura de Fene acolle desde onte, e durante o presente mes, unha exposición con 31 óleos e acuarelas do pintor local  José Manuel Pereiro. A mostra, a cuarta individual do artista e a sétima en total, pode visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22) ata o vindeiro 29 de xuño.


José Manuel Pereiro, natural de Perlío (Fene), comezou no mundo da pintura como alumno de Carlos Pérez Villaamil no ano 1961. Tras abandoar a pintura por motivos profesionais, retomou a disciplina hai máis dunha década e desde o ano 2000 participou en varias exposicións do concurso Bello Piñeiro de Mugardos –onde foi accésit en tres ocasións–, no CCRD de Perlío e no Lar do Toxos e Froles en diversas oportunidades. A súa é unha pintura realista na que predominan as paisaxes. Pereiro adoita facer reproduccións fieis á realidade do seu entorno máis cercano e así, na mostra que desde onte pode visitarse en Fene hai imaxes da paisaxe fluvial do Mandeo ou o Belelle, de Xuvia, Barallobre, Mugardos e diferentes lugares da comarca. Asegura que o seu é un intento de recoller a beleza da paisaxe inmediata.

O horario de visitas será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00, e os sábados, de 10.00 a 13.00. A partir do 22 de xuño, o horario da Casa da Cultura será de luns a sábados, de 10.00 a 14.15 horas.  

Fuente: Diario de Ferrol

Imagenes






















No hay comentarios:

Publicar un comentario