viernes, 21 de junio de 2013

A Casa da Cultura de Fene abrirá só en horario de mañá durante o verán



Dende hoxe, venres 21 de xuño, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene. 


Con este novo horario, que se prolongará ata o mes de setembro (ata o comezo do curso escolar 2013-2014), a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal e o Museo do Humor abrirán de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas. Sábados, domingos e festivos permanecerán pechadas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario