jueves, 16 de mayo de 2013

Sesión de contacontos con Sherezade Bardají para festexas as Letras Galegas na biblioteca de Fene



“Onde viven os monstros” é o título do espectáculo de narración oral que presentará en Fene o vindeiro luns a actriz e contacontos Sherezade Bardají. A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolverase na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Paralle (Avda. de Conces, 20-22) a partir das 18 horas.
Onde viven os monstros é a historia dunha aventura de luces e sombras. Nela, Max viaxa a través do día e da noite ata chegar ao lugar onde viven os monstros... Alí os monstros ruxen os seus ruxidos terribles e cruxen os seus dentes terribles…ata que Max di: Quietos!
Onde viven os monstros está baseado no libro homónimo de Maurice Sendak, escrito en 1963. Esta obra foi condecorada coa Medalla Caldercott e co Boston Globe-Horn Book Award, ademais de ser un libro notable da Asociación de Bibliotecas Americanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario