martes, 7 de mayo de 2013

Pequenos grandes artistas en Fene



A Casa da Cultura de Fene acolle esta semana a exposición “Pequenas crianzas coa arte”. Trátase dunha compilación de pinturas e esculturas realizadas polos alumnos/as da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene. As obras foron realizadas por nenos/as de 1-2 anos e de 2-3 anos en distintos obradoiros nos que tamén participaron as súas familias. Os máis pequenos, os alumnos/as da escola de bebés (0-1 anos) pintaron un lenzo grande que tamén se inclúe na mostra.


 “Pequenas crianzas coa arte” amosarase do 6 ao 13 de maio na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene (Avda. De Conces, 20-22). As persoas interesadas en visitala poderán facelo ata o venres, de 10.00 a 13.00h. e de 16.00 a 21.00 h., e o sábados, de 10.00 a 13.00 h. Mañá martes, 7 de maio, os alumnos/as das unidades de 2-3 anos da E.I. A Galiña Azul de Fene visitarán -a partir das 10.00 horas- a exposición e tamén a Biblioteca Municipal Pérez Parallé.

A exposición “Pequenas crianzas coa arte” encádrase dentro do programa “O tempo das artes”, un ciclo no que a música, a pintura, o teatro e a escultura cobran relevancia dentro do quefacer diario deste centro infantil. O programa artéllase en torno a diferentes espazos para a creación nos que os pequenos/as se convirten en grandes artistas “que gozan mergullándose en cores, formas, texturas e sons.

No hay comentarios:

Publicar un comentario